Tardienta
Tardienta é un concello da provincia de Huesca, na comunidade autónoma de Aragón (España).
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Huesca ![]() | |||
Capital | Tardienta ![]() | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 937 (2024) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 90,647188 km² ![]() | |||
Altitude | 389 m ![]() | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 22240 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 22226 ![]() | |||
Sitio web | tardienta.es ![]() | |||
![]() |
Xeografía
editarTen unha área de 90,71 km² e unha poboación de 1.072 habitantes (INE 2004) e unha densidade de 11,82 hab/km².
Historia
editarA poboación de Tardienta, segundo datos históricos, debía de existir na época prerromana, na rexión poboada polos ilerxetes, nun pequeno núcleo con abundante vexetación e bosques. A orixe do topónimo non está clara, e posiblemente derive dunha voz prerromana[1].
Ao longo da Idade Media era unha aldea pertencente a Almudévar, pero en 1786 adquiriu a súa independencia e o título de vila concedido por Carlos III.
Durante a época da invasión francesa, Francisco de Goya realizou, polo menos, dous cadros que fan referencia a Tardienta, vila que xogou un papel importante no fornecemento de munición e pólvora á asediada cidade de Zaragoza. Trátase dos cadros "Fabricación de balas na Sierra de Tardienta" e "Fabricación de pólvora na Sierra de Tardienta"
O 16 de agosto de 1861 chegou o primeiro tren á localidade, motivo de grandes festexos entón. En Tardienta naceu en 1868 Luis Montestruc Rubio, xornalista, escritor, político e fundador do Heraldo de Aragón. Tamén naceron en Tardienta o filósofo Andrés Ortiz-Osés e o químico e investigador José Barluenga.
Notas
editar- ↑ Josep María Albaigès , Encliclopedia de los topónimos españoles (Barcelona:Planeta, 1998, ISBN 84-08-02587-2, páx. 585