Taj Gibson
Taj Jami Gibson, nado o 24 de xuño de 1985 en Brooklyn (Nova York), é un xogador americano de baloncesto profesional.
![]() (2022) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de xuño de 1985 ![]() Brooklyn, Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade do Sur de California ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 206 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 102 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Chicago Bulls ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() |
Traxectoria profesional
editarChicago Bulls
editarTempada 2009-10
editarGibson declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009,[1] e foi seleccionado na 26ª posición polos Chicago Bulls. El, xunto á outra elección do draft James Johnson, asinaron cos Bulls en xullo de 2009.[2] Gibson foi titular na posición de ala-pivote na maioría da súa tempada coma rookie cos Bulls, e impresionou a moita xente pola súa enerxía e boa defensa. Gibson xogou o Rookie Challenge do All Star Weekend de 2010, onde gañarou o equipo Rookie por primeira vez dende 2002. Os Bulls chegaron a playoffs coa 8º posición na Conferencia Leste. Gibson acadou 7.6 puntos e 7.0 rebotes mentres os Bulls caían na primeira rolda contra os Cleveland Cavaliers.[3] Ao remate da súa primeira tempada, Taj foi seleccionado no primeiro equipo de rookies da NBA.
Tempada 2010-11
editarEn verán, os Bulls ficharon ao ala-pivote Carlos Boozer, de quen se agardaba que fora titular ao comezo da tempada. Antes da pretempada, Boozer rompeuse a súa man, e Gibson foi titular nos primeiros 15 partidos da tempada. Tras o regreso de Boozer, Gibson foise ao banco e cambiou o seu rol no equipo a maior parte da tempada. Ao remate da tempada, os Bulls quedaron primeiros na Conferencia Leste.
O 10 de maio de 2011, Gibson axudou ao seu equipo a liderar por 3-2 as semifinais da Conferencia Leste contra os Atlanta Hawks, facendo os seus 11 puntos no derradeiro cuarto.[4]
Oklahoma City Thunder
editarO 23 de febreiro de 2017, Gibson foi traspasado xunto a Doug McDermott e unha elección da segunda rolda do Draft de 2018 ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Joffrey Lauvergne, Anthony Morrow e Cameron Payne.[5]
Notas
editar- ↑ Sidney to Mississippi State?
- ↑ Bulls sign rookies Johnson, Gibson
- ↑ http://www.nba.com/playerfile/taj_gibson/index.html
- ↑ "Taj Gibson Game by Game log".
- ↑ "Thunder Acquires Gibson, McDermott and Draft Pick". NBA.com. 23 de febreiro de 2017. Consultado o 23 de febreiro de 2017.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)