Túnel do Mont Blanc
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
O túnel de Mont Blanc é un túnel nos Alpes, que une por estrada Francia con Italia, baixo o Mont Blanc.
Tipo | túnel de estrada túnel internacional túnel de base túnel de peaxe ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Fronteira entre Francia e Italia ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Alta Savoia, Francia e Val de Aosta, Italia ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 1.274 m 1.381 m ![]() | |||
Dimensións | 8,6 (![]() ![]() | |||
Atravesa | Macizo do Mont Blanc ![]() | |||
Permite o paso de | Route nationale 205 (en) ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1965 ![]() | |||
Cronoloxía | ||||
24 de marzo de 1999-9 de marzo de 2002 | clausura Causado por: fire of the Mont Blanc tunnel (en) ![]() | |||
24 de marzo de 1999 24 de marzo de 1999-26 de marzo de 1999 | fire of the Mont Blanc tunnel (en) ![]() | |||
1957-1965 | construción ![]() | |||
Actividade | ||||
Uso | estrada ![]() | |||
Operador | Autoroutes et tunnel du Mont-Blanc (en) ![]() Società Italiana per il Traforo del Monte Bianco ![]() | |||
Sitio web | tunnelmb.net ![]() | |||
As dúas cidades máis famosas preto do túnel son Chamonix (Alta Savoia, Francia) e Courmayeur (Val de Aosta, Italia). Comezado en 1957 e rematado en 1965, o túnel de 11,6 km de longo e 8,6 m de ancho discorre baixo a montaña entre estas dúas cidades. É unha das principais rutas de transporte transalpinas, particularmente para Italia, que confía nela para transportar ata un terzo das súas mercadorías cara ao norte de Europa.
Accidentes
editarO 24 de marzo de 1999 un camión belga incendiado no túnel causou unha das traxedias automobilísticas máis grandes de Europa. O lume, por mor de estar no interior do túnel, propagouse moi rapidamente incinerando todo o combustible que ía atopando ao seu paso.
Provocouse un incendio de enormes proporcións, foron 53 horas de combate ao lume. Faleceron 39 persoas, a gran maioría carbonizadas dentro dos seus automóbiles, outras tratando de escapar a pé.
Peaxes
editarO paso polo túnel está suxeito a peaxe. O prezo da peaxe difire de Italia a Francia, debido aos seus diferentes tipos de IVE.[1]
Peaxes do túnel do Mont Blanc do lado francés en 2024
Tipo de vehículo | Só ida | Ida/volta |
---|---|---|
Coches | 54,10 € | 67,50 € |
Motos | 35,80 € | 45,00 € |
Caravanas | 71,60 € | 90,00 € |
Peaxes do túnel do Mont Blanc do lado italiano en 2024
Tipo de vehículo | Só ida | Ida/volta |
---|---|---|
Coches | 55,00 € | 68,60 € |
Motos | 36,40 € | 45,70 € |
Caravanas | 72,80 € | 91,50 € |
Notas
editar- ↑ "Clasificación de vehículos y peajes". tunnelmb.net.