Papuxa común
Papuxa común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sylvia communis | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Curruca communis Latham, 1787 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Sylvia communis Latham, 1787 |
A papuxa común (Curruca communis, antes Sylvia communis) é unha especie de ave paseriforme do xénero sylvia dentro da familia Sylviidae.
Descrición
editar......... |
A papuxa común presenta unha lonxitude de 14 cm, envergadura de 22 cm, e iris marrón claro de 3'5 mm Ø. A plumaxe pasa desapercibida, o macho posúe a cabeza nun ton gris cincento até debaixo do ollo, coas partes superiores en pardo avermellado, con algunhas plumas das ás en cor marrón claro, a gorxa é branca, as restantes partes inferiores agrisadas e o peito esbrancuxado, lixeiramente irisado dun ton marrón claro. Nesta especie a femia é moi semellante, só que ten a cabeza pardusca e o peito algo máis avermellado.
Hábitat
editarDesenvólvese en terreos abertos con matos baixos, é dicir, en espazos abertos cubertos de matogueira, xa que se move polas vides, sebes de matogueira, silveiras, buxos, enebros, sabinas e queirugas entre outros, onde pode agocharse mentres segue o curso da súa vida. Localizado en lindeiros con matogueiras, en campos de cultivo, pradarías e bosquetes. Evita vivir preto de espazos habitados, e normalmente recean da actividade urbana, aínda que en ocasións pode observarse nas proximidades de pobos.
Dieta
editarSon aves principalmente insectívoras, baseando a súa dieta en chinches, eirugas, bolboretas, formigas, abellas, mosquitos e moscas, entre outros, que caza sen descanso. Porén tamén pode inxerir, sobre todo no verán, cereais, e os froitos das matogueiras onde se agochan.
Distribución
editar- Mundial:
- A papuxa común posúe unha área de cría ampla pois atopándose en case toda Europa, agás o norte e as montañas escandinavas. Distribúese tamén por Asia occidental até o río Enisei, con algúns núcleos en Berbería, Israel, montañas de Irán e Turquestán. Invernante en África tropical, onde se localiza ao longo do mes de setembro e primeira quincena de outubro.
- España:
- Paxaro estival en toda España. Nidificante presente en todas as Comunidades Autónomas peninsulares, cunha maior e máis continua distribución no terzo norte peninsular.
Notas
editar- ↑ Mayr, Ernst; Cottrell, G. William, eds. (1986). Check-List of Birds of the World 11. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. pp. 273–274.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do carrizo. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 47. ISBN 84-7154-379-6.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Papuxa común |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Papuxa común |