Sydney Roosters
Nome completo - | Sydney Roosters |
Fundación - | 1908 |
Localización - | Sydney, Australia |
Estadio - | Sydney Football Stadium |
Capacidade - | 45.500 |
Presidente - | Steve Noyce |
Adestrador - | Brian Smith |
Capitán - | Braith Anasta |
Liga - | National Rugby League |
Tempada - | 2011 |
Posición - | 11º |
O Sydney Roosters é un equipo profesional de rugby league da cidade de Sydney, en Nova Gales do Sur (Australia), fundado en 1908, que compite na National Rugby League, competición na que saíu campión 12 veces.
Palmarés
editarO Sydney Roosters é o único equipo da historia da NRL que disputou tódalas tempadas do campionato dende que o torneo naceu en 1908.
Títulos nacionais
editar- National Rugby League (12) = 1911, 1912, 1913, 1923, 1935, 1936, 1937, 1940, 1945, 1974, 1975, 2002
Títulos internacionais
editar- World Club Challenge (2) = 1976, 2003
Xogadores
editarSydney Roosters | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores do primeiro equipo | Corpo técnico | ||||||||
|
|
Adestrador
Asistentes
Data: 5 de agosto de 2011 |
Polos Sydney Roosters pasaron xogadores históricos do rugby league como Brad Fittler ou Arthur Beetson, entre outros.
Estadio
editarOs Sydney Roosters xogan os seus encontros como locais no Sydney Football Stadium (antes coñecido como Aussie Stadium), un estadio que foi inaugurado en 1988, e que é propiedade da empresa Sydney Cricket Ground Trust. A capacidade do recinto é de 45.500 persoas. O Sydney Cricket Ground Trust tenlle alugado o estadio tamén ós West Tigers da NRL, ós NSW Waratahs do Super Rugby e ó Sydney FC da liga de fútbol.