Suso Mosquera
Jesús Mosquera Sueiro, nado en Vila de Cruces o 1 de outubro de 1943 e finado na Coruña o 13 de febreiro de 2018[1], foi un sindicalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1943 ![]() Vila de Cruces, España ![]() |
Morte | 13 de febreiro de 2018 ![]() A Coruña, España ![]() |
Presidente Fundación Luís Tilve | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarEn 1967 comezou a colaborar na organización dos primeiros núcleos da Unión Sindical Obrera (USO) en Vigo, Ferrol e A Coruña. En 1977, ao fusionarse USO coa UXT, integrouse no sindicato socialista na Coruña e afiliouse ao PSOE. Foi secretario xeral da UXT en Galicia desde 1980 e ata o 2005. Foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 1985 polo PSdeG pero deixou o escano o 2 de decembro de 1988 ante a folga xeral do 14 de decembro. Participou na creación e constitución do Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal e da Fundación para a defensa do Consumidor (FUNDECO). Impulsou a formación da Fundación Luís Tilve (1989), da cal foi presidente.[2]
Notas
editar- ↑ UGT Galicia di adeus ao 'compañeiro Suso', Praza Pública, 13 de febreiro de 2018.
- ↑ "COMPOSICIÓN DOS ÓRGANOS DA FUNDACIÓN LUÍS TILVE". Fundación Luís Tilve. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2017.