Susana Cendán
Susana Cendán Caaveiro, nada nas Pontes de García Rodríguez en 1965, é unha profesora e crítica de arte galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 (59/60 anos) As Pontes de García Rodríguez, España |
Actividade | |
Ocupación | profesora universitaria, crítico de arte |
Traxectoria
editarDoutora en Historia da Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou como coordinadora do Departamento de Educación no Centro Galego de Arte Contemporánea. É profesora de Teoría e Historia da Arte na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Foi nomeada responsable do Centro Torrente Ballester de Ferrol en 2009.[1] É crítica e comisariou varias exposicións.
En 2024 comisariou a exposición Outras historias posibles que "pon o foco en Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré, todas elas artistas que por méritos propios de dedicación e talento, despuntaron especialmente na década dos anos 80 do pasado século".[2]
Obra escrita publicada
editar- Carmencita, 2009.
- La moda (no) son siempre los demás, 2009.
- Memoria de otro tiempo. El Sanatorio Marítimo de Oza, 2010.
- Unha ironía deliciosa. Apuntes para a elaboración dun show posmoderno, 2010.
- Ma-ra-vi-llo-so. 15 razones para reflexionar sobre la creatividad, 2018.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha de Susana Cendán na páxina web do MARCO.