Susan McClary
Susan McClary, nada en St. Louis, Missouri o 2 de outubro de 1946, é unha musicóloga e profesora estadounidense pertencente á corrente da Nova Musicoloxía[1] (orixinada nos anos 70 que se centra nos aspectos externos do acto musical como os estudos culturais, a estética e crítica musical). Gran parte do seu traballo é unha crítica dende un punto feminista da historia da música e as súas características estabelecidas ó longo das épocas; ademais de varios estudos sobre xénero, sexualidade e música. .
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de outubro de 1946 (78 anos) St. Louis, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Harvard |
Actividade | |
Campo de traballo | Musicoloxía e music criticism (en) |
Ocupación | musicóloga, crítico musical, profesora universitaria |
Familia | |
Cónxuxe | Robert Walser |
Premios | |
Achegas á musicoloxía
editarMcClary salienta a influencia da música como un medio social que sutilmente conforma e modifica os desexos, sentimentos, percepcións do corpo e subxectividade. Estudou a música como un discurso e unha construción de xénero e significado sexual (tema tratado na súa obra: Femenine endings: music, gender & sexuality, Minnesota, University of Minnesota Press 2002).
Notas
editar- ↑ "Oxford Music Online" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2017.