Superdetective en Hollywood II
Superdetective en Hollywood II (en inglés: Beverly Hills Cop II) é un filme estadounidense dirixido por Tony Scott que se estreou en 1987. É a secuela do filme de 1984 Beverly Hills Cop. Estreouse en galego na TVG o 11 de outubro de 1991.[3]
Superdetective en Hollywood II | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Beverly Hills Cop II |
Director | Tony Scott |
Produtor | Don Simpson Jerry Bruckheimer |
Guión | Larry Ferguson Warren Skaaren |
Baseado en | Personaxes de Danilo Bach e Daniel Petrie, Jr. |
Intérpretes | Eddie Murphy |
Música | Harold Faltermeyer |
Fotografía | Jeffrey L. Kimball |
Montaxe | Chris Lebenzon Billy Weber Michael Tronick |
Estudio | Don Simpson/Jerry Bruckheimer Films Eddie Murphy Productions |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 20 de maio de 1987 11 de outubro de 1991 (TVG) |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | $20 000 000[1] |
Recadación | $299 965 036[2] |
Filme anterior | Beverly Hills Cop |
Filme seguinte | Beverly Hills Cop III |
Na rede | |
Sinopse
editarO detective de Detroit Axel Foley descobre pola televisión que o seu amigo Andrew Bogomil, capitán da policía de Beverly Hills, foi tiroteado por unha muller. Cando o vai visitar ó hospital, coñece a súa filla Jan. Coa axuda de dous axentes amigos seus intenta localizar a culpable, a pesar de que o xefe de policía Harold Lutz intenta atopar algunha razón para despedir os dous axentes. Axel e os seus amigos descobren que os "atracos do alfabeto", que tiveron lugar na zona, son obra do traficante de armas Maxwell Dent, que enviou a súa prometida Karla Fry a matar a Bogomil porque este lle estaba a seguir as súas pegadas.
Personaxes
editar- Eddie Murphy como Detective Axel Foley
- Judge Reinhold como Detective Billy Rosewood
- John Ashton como Detective John Taggart
- Jürgen Prochnow como Maxwell Dent
- Ronny Cox como Andrew Bogomil
- Brigitte Nielsen como Karla Fry
- Allen Garfield como Harold Lutz
- Dean Stockwell como Charles "Chip" Cain
- Paul Reiser como Detective Jeffrey Friedman
- Gilbert Hill como Inspector Douglas Todd
- Tom Bower como Russell Fielding
- Paul Guilfoyle como Nikos "Nik" Thomopolis
- Robert Ridgely como Alcalde Ted Egan
- Tommy 'Tiny' Lister como Orvis
- Chris Rock como Playboy Mansion Valet
- Hugh Hefner como El mesmo Himself
- Ola Ray como Playmate
- Gilbert Gottfried como Sidney Bernstein
- Robert Pastorelli como Vinnie
- Glenn Withrow como Willie
Galardóns e nomeamentos
editar- 1987: Nomeado ó Oscar: Mellor canción orixinal.
- 1987: Nomeado ós Premios Razzie: Peor canción orixinal.
Notas
editar- ↑ "Beverly Hills Cop II Production Budget". The-Numbers. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2013. Consultado o 19 de setembro de 2013.
- ↑ "Beverly Hills Cop II". Box Office Mojo. Consultado o 23 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Superdetective en Hollywood II na TVG". ABC. 11 de outubro de 1991. Consultado o 20 de marzo de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Superdetective en Hollywood II na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)