Sultán de Brunei
O Sultán de Brunei é o xefe de Estado e monarca absoluto de Brunei. É tamén o xefe de goberno na súa condición de Primeiro Ministro de Brunei.[1] Dende a independencia de Brunei dos británicos en 1984, só reinou un Sultán, aínda que a institución data do século XIV.
Sultán e Señor de Brunei Darussalam Sultan dan Yang Di-Pertuan Negara Brunei Darussalam | |
---|---|
Emblema persoal do Sultán | |
Tratamento | Súa Maxestade |
Residencia | Palacio de Nurul Iman, Bandar Seri Begawan |
Herdeiro presuntivo | Al-Muhtadee Billah |
Creación | 1405 |
Primeiro titular | Muhammad Shah |
Precedido por | Omar Ali Saifuddien III |
O Sultán de Brunei pode ser considerado como sinónimo da gobernante Casa de Bolkiah, con xeracións que poden ser trazadas dende o primeiro sultán, temporalmente interrompido polo 13º sultán, Abdul Hakkul Mubin, que á súa vez foi deposto por un membro da Casa de Bolkiah. O título completo do Sultán é: A Súa Maxestade O Sultán e Yang Di-Pertuan de Brunei Darussalam.[1]
Sultáns
editarSultáns De Brunei dende 1368:
Nº | Nome | Inicio do reinado | Fin do reinado | Notas |
---|---|---|---|---|
1 | Muhammad Shah / Awang Alak Betatar | 1368[2] | 1402 | Estabelecido o Sultanato.[2] |
2 | Ahmad / Awang Pateh Berbai | 1408 | 1425 | |
3 | Sharif Ali / Sultan Barkat (Sultán Bendicido) | 1425 | 1432 | Non ten relación xenealóxica directa co seu predecesor, mais foi seleccionado por ser xenro do anterior sultán (Ahmad) e estar moi versado no islam. |
4 | Sulaiman | 1432 | 1485 | Fillo do anterior sultán, Sharif Ali. Abdicou no seu fillo Bolkiah. |
5 | Bolkiah / Nakhoda Ragam (O Capitán de Canto) | 1485 | 1524 | Fillo do anterior sultán, Sulaiman. |
6 | Abdul Kahar | 1524 | 1530 | Fillo do anterior sultán, Bolkiah |
7 | Saiful Rijal | 1533 | 1581 | Sobriño e fillo adoptado do anterior sultán, Abdul Kahar. Estalou a Guerra hispano-bruneana entre España e Brunei. |
8 | Shah Berunai | 1581 | 1582 | Fillo máis vello do Sultán Saiful Rijal |
9 | Muhammad Hassan | 1582 | 1598 | Irmán máis novo de Shah Berunai. |
10 | Abdul Jalilul Akbar | 1598 | 1659 | |
11 | Abdul Jalilul Jabbar | 1659 | 1660 | |
12 | Muhammad Ali | 1660 | 1661 | Esganado polo seu sucesor Abdul Hakkul Mubin, iníciase a Guerra civil de Brunei. |
13 | Abdul Hakkul Mubin | 1660 | 1673 | Iniciou a Guerra civil de Brunei. por matar o seu predecesor Muhammad Ali e foi á súa vez matado por Muhyiddin que o sucedeu como Sultán. |
14 | Muhyiddin | 1673 | 1690 | Fillo de Abdul Jalilul Akbar quen vingou a morte do seu sogro Muhammad Ali asasinando a Abdul Hakkul Mubin, e pondo fin á Guerra civil de Brunei. |
15 | Nasruddin | 1690 | 1710 | |
16 | Hussin Kamaluddin | 1710 | 1730 | Primeiro dos seus dous reinados |
17 | Muhammad Alauddin | 1730 | 1737 | Instruíu a Datu Imam Yaakub para escribir o Silsilah Raja-Raja Berunai, a xenealoxía dos Sultáns de Brunei |
16 | Hussin Kamaluddin | 1737 | 1740 | Segundo dos seus dous reinados |
18 | Omar Ali Saifuddin I | 1740 | 1778 | |
19 | Muhammad Tajuddin | 1778 | 1807 | Ordenou a Khatib Abdul Latif as inscricións do Batu Tarsilah |
20 | Muhammad Jamalul Alam I | 1804 | 1804 | |
21 | Muhammad Kanzul Alam | 1807 | 1826 | |
22 | Muhammad Alam | 1826 | 1828 | |
23 | Omar Ali Saifuddin II | 1828 | 1852 | Brunei cedeu algúns territorios de Sarawak a James Brooke. Brunei cedeu Labuan aos británicos. |
24 | Abdul Momin | 1852 | 29 de maio de 1885 | Brunei cedeu a parte noroeste de Borneo aos británicos. En 1884 produciuse a declaración de Amanat, que xuraba non ceder máis territorios de Brunei a poderes estranxeiros. |
25 | Hashim Jalilul Alam Aqamaddin | 29 de maio de 1885 | 10 de maio de 1906 | Reino Unido estabeleceu un protectorado sobre Brunei en 1888. |
26 | Muhammad Jamalul Alam II | 10 de maio de 1906 | 11 de setembro de 1924 | Morreu tras un gromo de malaria así como tres membros da súa familia. |
27 | Ahmad Tajuddin | 11 de setembro de 1924 | 4 de xuño de 1950 | Produciuse a ocupación xaponesa de Brunei. |
28 | Omar Ali Saifuddien III | 4 de xuño de 1950 | 5 de outubro de 1967 | Asinouse a Constitución de Brunei de 1959. Abdicou voluntariamente en prol do seu fillo maior, Hassanal Bolkiah. Converteuse no primeiro Ministro de Defensa de Brunei despois da independencia de 1984. |
29 | Hassanal Bolkiah | 5 de outubro de 1967 | Presente | Brunei recobrou a independencia do Reino Unido en 1984. |
Incertezas
editarO rexistro histórico máis antigo dos sultáns de Brunei non é claramente coñecido debido á mala documentación inicial da historia de Brunei. Moitos dos membros máis vellos da casa de Bolkiah aseguran que os seus antepasados foron BaHassan e BaAlawi Saadah de Tarim e Hadhramawt no Iemen. Ademais, houbo un intento de "islamizar" a historia e a "historia oficial" non coincide con fontes estranxeiras verificables. O Batu Tarsilah, o rexistro xenealóxico dos reis de Brunei, non comezou ata o ano 1807.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Sitio oficial do Primeiro Ministro" (en malaio). Consultado o 10 de maio de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 Elisseeff, Vadime (2000). The Silk Roads: Highways of Culture and Commerce (en inglés). Berghahn Books. ISBN 978-1-57181-222-3.