Subida automobilística a Culleredo
A Subida automobilística a Culleredo foi unha carreira automobilística de montaña disputada anualmente en Culleredo entre os anos 1992 e 2000. Era puntuable para o Campionato de Galicia de Montaña.
Tipo | competición deportiva ![]() |
---|---|
Deporte | carreira de montaña ![]() |
Parte de | Campionato de Galicia de Montaña ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | Culleredo (Provincia da Coruña) 43°16′40″N 8°24′43″O / 43.2777, -8.4119 ![]() |
País | España ![]() |
Vixencia | 1992 – 2000 ![]() |
Historia
editarA primeira edición disputouse en 1992, organizada pola Escuería La Coruña, co patrocinio do Grupo Barrio do piloto Luis Barrio e grazas ao impulso dos pilotos José Luis Santos e José Pose.[1][2] O vencedor daquela primeira subida foi o campión de España Luis Martínez conducindo unha barqueta Lola BMW, completando o podio o andaluz Tomás Aranda e o asturiano Gerardo Urdangaray. José María Magdaleno, cun Lancia Delta Integrale, foi o máis rápido entre os turismos.[3] A subida disputouse de xeito ininterrompido durante nove anos, puntuando sempre para o Campionato de Galicia de Montaña, ata que no ano 2000 se correu a última edición. O dumbriés Manuel Senra co seu Peugeot 306 foi o último gañador da proba, con Bamarti segundo.[4]
Palmarés
editarAno | Nome | Vencedor | Vehículo |
---|---|---|---|
1992 | I Subida a Culleredo | Luis Martínez | Lola BMW |
1993 | II Subida a Culleredo | ||
1994 | III Subida a Culleredo | Pedro Rubal | Fórmula Martini |
1995 | IV Subida a Culleredo | Andrés Vilariño | Osella BMW |
1996 | V Subida a Culleredo | José Luis Santos | Osella BMW |
1997 | VI Subida a Culleredo | Javier Arias | BMW M3 |
1998 | VII Subida a Culleredo | Víctor Abraham | Martini MK-34 |
1999 | VIII Subida a Culleredo | "Nonito" | Fórmula Martini |
2000 | IX Subida a Culleredo | Manuel Senra | Peugeot 306 Maxi |
Notas
editar- ↑ "Subida a Culleredo". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de setembro de 1992. p. 40.
- ↑ Arévalo, Fernando (8 de setembro de 1992). "Luis Martínez, campeón nacional, estará en la Subida a Culleredo". La Voz de Galicia (en castelán). p. 59.
- ↑ Arévalo, Fernando (21 de setembro de 1992). "El campeón de España no tuvo rivales en la Subida a Culleredo". La Voz de Galicia (en castelán). p. 49.
- ↑ "Manuel Senra, el más rápido en la subida a Culleredo". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de outubro de 2000. p. 51.