Stratus
Os stratus ou estratos, abreviadamente St, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, caracterízanse por seren unha capa de nubes xeralmente gris, con base uniforme, da que pode caer orballo, prismas de xeo ou cinarra. Cando o Sol é visible a través da capa, o seu contorno distínguese claramente. Ás veces preséntanse a xeito de farrapos esfiañados por embaixo doutras nubes.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/d/d1/Stratus-Opacus-Uniformis.jpg/220px-Stratus-Opacus-Uniformis.jpg)
Características
editarSon nubes baixas que se poden producir a nivel do chan dando lugar á néboa, normalmente cando o tempo é anticiclónico. Cando aparecen por embaixo de altoestratos ou nimboestratos están asociados a unha fronte cálida. Por embaixo dos cumulonimbos, a unha treboada ou unha fronte fría.
Especies
editarVariedades
editar- Stratus opacus.
- Stratus translucidus.
- Stratus undulatus.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Candel Vila, R. (1978), Atlas de meteorología, 8ªed, Ed. Jover.
- Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Stratus |