Steven Hoefflin
Steven M. Hoefflin é un cirurxián plástico coñecido por facer as operacións estéticas de famosos como Michael Jackson, Joan Rivers e Elizabeth Taylor. Hoefflin publicou artigos en libros e revistas de medicina e exerce a profesión en Santa Monica (California) dende a década de 1980.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX ![]() |
Educación | Universidade de California, Os Ánxeles ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cirurxián plástico ![]() |
Carreira
editarEn 1972, Hoefflin gradouse como o primeiro da súa clase no UCLA Medical School. Continuou a súa carreira en cirurxía xeral e completou o programa de adestramento como residente no Centro Médico UCLA.[1]
Hoefflinc converteuse en Profesor Clínico de Asistencia do Centro Médico UCLA en 1979. En 1989, foi promovido a Profesor Clínico asociado, no cal serviu ata 2003.
Hoefflin serviu como Xefe de Cirurxía Plástica no Hospital UCLA de Santa Monica dende 1982 ata 1989.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)