Steve McCurry
Steve McCurry, nado o 23 de abril de 1950 en Filadelfia, é un fotógrafo estadounidense, mundialmente coñecido por ser autor da fotografía A nena afgá, publicada na portada da revista National Geographic en xuño de 1985.[1] É membro da axencia Magnum dende 1986.[2]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de abril de 1950 Filadelfia, Pensilvania, Estados Unidos |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade Estatal de Pensilvania |
Actividade | |
Ocupación | Fotógrafo |
Empregador | Magnum Photos |
Membro de | Magnum Photos (1986–) ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | www.stevemccurry.com |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
McCurry recibiu numerosos premios, entre eles o Fotógrafo de Revista do Ano, outorgado pola National Press Photographers Association, ou a Medalla do Centenario da Royal Photographic Society. Amais, dúas das súas fotografías foron seleccionadas no primeiro posto do concurso World Press Photo.
Biografía
editarEstudos
editarComezou estudando Historia da Cinematografía e Cinematografía na Universidade Estatal de Pensilvania en 1968, pero rematou conseguindo o diploma en Artes Escénicas, graduánduse cum laude en 1974. Interesouse enormemente pola fotografía cando comezou a tomar imaxes para un xornal de Pensilvania, coñecido como The Daily Collegian.
Carreira fotográfica
editarA súa carreira como fotógrafo comeza coa cobertura da guerra de Afganistán, alí disfrazouse coa vestimenta do país para pasar inadvertido ao traballar, e coseu os carretes á roupa para poder sacalos do país. As súas imaxes estiveron entre as primeiras que retrataron o conflito e tiveron unha ampla circulación. Este traballo fixo que en 1980 gañara a Medalla de Ouro Robert Capa á mellor reportaxe fotográfica no estranxeiro.
McCurry continuou cubrindo conflitos internacionais, como a guerra entre Irán e Iraq ou a guerra do golfo. O seu traballo foi publicado en revistas en todo o mundo, sendo un colaborador habitual de National Geographic.
Notas
editar- ↑ Wallis Simons, Jake. "The story behind the world's most famous photograph". CNN (en inglés).
- ↑ "It's all mixed: an interview with Steve McCurry". GUP Magazine (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficial (en inglés)