Esternorrincos
Esternorrincos Sternorrhyncha | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Aleurocanthus spiniferus | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
|
A dos esternorrincos (Sternorrhyncha) é unha suborde de insectos hemípteros.[1]
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/5/5b/Weisse-Fliege.jpg/240px-Weisse-Fliege.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/c/c8/Dactylopius_coccus_%28Barlovento%29_04_ies.jpg/240px-Dactylopius_coccus_%28Barlovento%29_04_ies.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/6/65/Psyllidae_pachysylla_species.jpg/240px-Psyllidae_pachysylla_species.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/1/19/Soybeanaphid.jpg/240px-Soybeanaphid.jpg)
Comprende os pulgóns, as moscas brancas e as cochinillas, grupos que tradicionalmente se incluían na suborde dos homópteros, hoxe obsoleto.
Taxonomía
editarDescrición
editarA suborde foi descrita en 1806 polo zoólogo francés André Marie Constant Duméril.
Etimoloxía
editarO nome científico Sternorrhyncha está formado polos elementos do latín científico sterno-, e -rhyncha, derivados das voces do grego antigo στέρνον stérnon, "esterno", e ῥύγχος rhýnchos, "fociño", "rostro", respectivamente.
Superfamilias
editarA suborde comprende as cinco superfamilias seguintes:[1]
- Aleyrodoidea (ou Phylloxeroidea, segundo certas clasificacións)[2]
- Aphidoidea
- Coccoidea
- Phylloxeroidea
- Psylloidea
Porén, algúns autores recoñecen seis:[3]
- Coccoidea
- Psylloidea
- Aphidoidea
- Aleyrodoidea
- Phylloxeroidea
- Adelgoidea
Características
editarDistribuídos por todo o mundo, os membros deste grupo aliméntanse de plantas, e moitos deles son son graves pragas para os cultivos.
Moitas especies modificaron a súa morfoloxía e os seus ciclos de vida, incluíndo fenómenos como a partenoxénese, o dimorfismo sexual, e incluso a eusocialidade.
Filoxenia
editarA filoxenia dos esternorrincos, baseada na análise da subunidade 18S do ARN ribosómico, está indicada no cladograma seguinte.[4]
Sternorrhyncha |
| ||||||||||||||||||||||||
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Sternorrhyncha no ITIS.
- ↑ Phylloxeroidea na EOL.
- ↑ Sternorrhyncha en BioLib.
- ↑ "Phylogeny of Insects". What-When-How. Consultado o 13 de xuño de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esternorrincos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Esternorrincos |