Staphyliniformia
Staphyliniformia Rango fósil: Rhaetiano-Recente | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Ocypus olens | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Superfamilias | |||||||||||||
Ver texto. |
Staphyliniformia é unha grande infraorde de escaravellos polífagos. Contén unhas 70 000 especies descritas de todas as rexións do mundo. A maioría das especies viven en hábitats húmidos, como diversos tipos de restos de plantas en descomposición, fungos, excrementos, prea, e moitos viven en augas doces.
Características
editarA maioría dos Staphyliniformia son escaravellos de tamaño pequeno ou medio. Este grupo tan diverso ten poucas apomorfías claras. Teñen primitivamente antenas de 11 segmentos e un pescozo constrinxido bastate detrás dos ollos. O pronoto ten un bordo lateral ben definido. As patas das larvas son de 5 segmentos, o 10º segmento abodminal ten a miúdo espiñas finas ou fortes ou ganchos. Son urogonfos (con "cornos" pares no extremo posterior do abdome das larvas e pupas) con articulación basal.[1]
Sistemática e evolución
editarOs Staphyliniformia pertencen á suborde Polyphaga e dáselles normalmente a categoría de infraorde ou de serie. Contén tres superfamilias:
Algúns estudos recentes tamén inclúen a superfamilia Scarabaeoidea (infraorde Scarabaeiformia), formando xuntas a chamada liñaxe hidrofiloide.[2][3] Hai fortes probas da existencia dunha relación de grupo irmán entre os Hydrophiloidea e os Histeroidea.[4]
O rexistro fósil non ambiguo deste grupo data do Triásico, e é probable que a orixe do grupo acontecese no Mesozoico temperán.[5]
Notas
editar- ↑ M.Hansen. Phylogeny and classification of the staphyliniform beetle families (Coleoptera). Biologiske Skrifter 48, Copenhagen, 1997
- ↑ M.S.Caterino et al., On the constitution and phylogeny of Staphyliniformia (Insecta: Coleoptera) Arquivado 09 de agosto de 2016 en Wayback Machine.. Molecular Phylogenetics and Evolution Vol.34, 3, 2005
- ↑ J.Kukalova-Peck, J.F.Lawrence, (1993) Evolution of the hind wings in Coleoptera. Canadian Entomologist, 135, 181–258.
- ↑ R.G.Beutel, R.A.B.Leschen, Phylogenetic analysis of Staphyliniformia (Coleoptera) based on characters of larvae and adults. Systematic Entomology (2005), 30, 510–548
- ↑ Grimaldi, D. and Engel, M.S. (2005). Evolution of the Insects. Cambridge University Press