Stanisław Padewski
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2020.) |
Stanisław Padewski, nado o 18 de setembro de 1932 en Nova Huta (RSS de Ucraína) e finado o 29 de xaneiro de 2017 en Sędziszów Małopolski (Polonia), foi un relixioso capuchino polaco, bispo de Khárkiv-Zaporizhia entre 2002 e 2009.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1932 ![]() Nova Huta (en) ![]() ![]() |
Morte | 29 de xaneiro de 2017 ![]() Sędziszów Małopolski, Polonia (pt) ![]() ![]() |
1º Bispo diocesano | |
4 de maio de 2002 – 19 de marzo de 2009 – Marian Buczek (en) ![]() Diocese: Roman Catholic Diocese of Kharkiv-Zaporizhzhia (en) ![]() | |
Bispo auxiliar | |
10 de outubro de 1998 – Diocese: Arquidiocese católica latina de Lviv | |
Bispo auxiliar | |
13 de abril de 1995 – Diocese: Diocese de Kamyanets-Podilskyi (pt) ![]() | |
Bispo titular | |
13 de abril de 1995 – Diocese: Tigias (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Universidade Iaguelónica de Cracovia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1995–), sacerdote católico (1957–) ![]() |
Orde relixiosa | Orde dos Freires Menores Capuchinos ![]() |
Consagración | Antonio Franco ![]() |
Traxectoria
editarStanisław Padewski naceu o 18 de setembro de 1932 en Nova Huta, entón parte da RSS de Ucraína e hoxe na rexión de Ternopil de Ucraína. O 28 de agosto de 1950 ingresou na Orde dos Freires Menores Capuchinos, facendo a profesión solemne o 19 de setembro de 1953, con 21 anos. O 24 de febreiro de 1957 foi ordenado sacerdote por Stanisław Rospond, bispo auxiliar de Cracovia.
O 13 de abril de 1995 foi nomeado bispo auxiliar de Kamianets-Podilskyi e bispo titular de Tigias. Recibiu a consagración episcopal o 10 de xuño de 1995 de mans do arcebispo Antonio Franco, nuncio. O 10 de outubro de 1998 foi nomeado bispo auxiliar de Lviv.
O 4 de maio de 2002 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo da nova diocese de Khárkiv-Zaporizhia. Permaneceu no cargo até o seu retiramento por razóns de idade o 19 de marzo de 2009. Finou en Sędziszów Małopolski o 29 de xaneiro de 2017, con 84 anos.