Southgate, Londres
Southgate é unha área suburbana do norte de Londres, que se encadra principalmente dentro do London Borough of Enfield, non obstante algunhas zonas do oeste forman parte do London Borough of Barnet. Sitúase a 13 km ao norte de Charing Cross. O seu nome vénlle por ser a porta sur de Enfield Chase.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Inglaterra | |||
Rexións | Londres | |||
Condado cerimonial | Gran Londres | |||
Borough | Enfield ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 14.454 (2011) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | N14 ![]() | |||
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/d/db/Sweeping_Art_Deco_Building%2C_Southgate_Station%2C_London_N14_-_geograph.org.uk_-_1000835.jpg/220px-Sweeping_Art_Deco_Building%2C_Southgate_Station%2C_London_N14_-_geograph.org.uk_-_1000835.jpg)
Características
editarSalienta na zona a estación de metro de Southgate deseñada por Charles Holden cun estilo art déco. Hai gran número de parques, entre eles, Grovelands Park. En Waterfall Road está Christ Church, un edificio de pedra cunha torre e un chapitel construído en 1862 por Gilbert Scott.