Sospeita (filme de 1941)
filme de 1941 dirixido por Alfred Hitchcock
Sospeita[2] (en inglés: Suspicion) é un filme estadounidense de 1941 dirixido por Alfred Hitchcock e protagonizado por Cary Grant e Joan Fontaine. O resto do elenco está composto por Cedric Hardwicke, Nigel Bruce, May Whitty, Isabel Jeans, Heather Angel e Leo G. Carroll. Sospeita baséase na novela de Francis Iles Before the Fact (1932).
Sospeita | |
---|---|
![]() Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Suspicion |
Director | Alfred Hitchcock |
Produtor | Alfred Hitchcock Harry E. Edington |
Guión | Samson Raphaelson Joan Harrison Alma Reville |
Baseado en | Before the Fact novela de 1932 de Francis Iles |
Intérpretes | Cary Grant Joan Fontaine Cedric Hardwicke Nigel Bruce Dame May Whitty |
Música | Franz Waxman |
Fotografía | Harry Stradling Sr. |
Montaxe | William Hamilton |
Distribuidora | RKO Radio Pictures Inc. |
Estrea | 14 de novembro de 1941 |
Duración | 99 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Suspense psicolóxico e romance |
Orzamento | 1 103 000 dólares[1] |
Recadación | 4,5 millóns de dólares |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Conta a historia dunha muller que casa cun encantador playboy despois de rexeitalo inicialmente. O home resulta non ter un peso, ser xogador e deshonesto ao extremo. Ela chega a sospeitar que tamén é un asasino e que está tentando matala. Polo seu papel como Lina, Joan Fontaine gañou o Óscar á mellor actriz en 1941.
Personaxes
editar- Cary Grant como Johnnie Aysgarth
- Joan Fontaine como Lina McLaidlaw Aysgarth
- Nigel Bruce como Gordon Cochrane 'Beaky' Thwaite
- Cedric Hardwicke como Xeneral McLaidlaw
- May Whitty como Mrs. Martha McLaidlaw
- Isabel Jeans como Mrs. Helen Newsham
- Heather Angel como Ethel
- Auriol Lee como Isobel Sedbusk
- Reginald Sheffield como Reggie Wetherby
- Leo G. Carroll como Capitán George Melbeck
Notas
editar- ↑ Richard B. Jewell, RKO Radio Pictures: A Titan Is Born, University of California 2012 p 231-233
- ↑ Sospeita en sincroguia-tv Concultado o 6 de febreiro de 2023
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sospeita |