Sonseca
Sonseca é un municipio e localidade española da provincia de Toledo, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Conta cunha poboación de 11 328 habitantes (INE 2024).[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | ||||
Provincia | provincia de Toledo ![]() | ||||
Capital de | |||||
Capital | Sonseca ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.328 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 60 km² ![]() | ||||
Altitude | 754 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Xoán o Apóstolo ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | María Victoria Martín de San Pablo Sánchez (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 45100 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 45163 ![]() | ||||
Sitio web | sonseca.es ![]() |
Toponimia
editarO prefixo "Son" podería derivar da apócope de font, fonte ou fontes, termos que á súa vez proceden do latín fonte sicca, que significa "fonte seca" ou "fontes que non manan". Esta etimoloxía podería estar relacionada cos numerosos pozos presentes nas hortas do seu termo municipal. Neste sentido, coincidiría con outras poboacións mencionadas na comarca entre os séculos XI e XII, como Fonte Sicca, Fontes, Selcal ou Fonte de Yuncar.
Xeografía
editarO municipio de Sonseca está situado na provincia de Toledo, dentro da comunidade autónoma de Castela-A Mancha, aproximadamente a 30 km ao sur da capital provincial, Toledo, e a 100 km de Madrid. Limita cos termos municipais de Ajofrín, Orgaz e Mazarambroz, todos pertencentes á provincia de Toledo.[2]
Noroeste: Mazarambroz | Norte: Ajofrín | Nordés: Orgaz |
Oeste: Mazarambroz | Leste: Orgaz | |
Suroeste Mazarambroz | Sur:Mazarambroz | Sueste: Orgaz |
O termo municipal de Sonseca abrangue unha extensión de 60,27 km². A súa altitude no norte do municipio é duns 754 metros sobre o nivel do mar, aínda que presenta leves variacións nas zonas próximas aos Montes de Toledo, onde o terreo ascende suavemente cara ao sur. Sonseca sitúase nunha rexión maioritariamente chaira, propia da submeseta sur, pero a súa proximidade ás montañas introduce unha lixeira variación no relevo.[3]
Sonseca encádrase politicamente na Comarca dos Montes de Toledo, cuxa capital é Los Yébenes, sendo o municipio máis poboado da devandita comarca. Por outra banda, desde unha perspectiva histórica e xeográfica, forma parte da rexión La Sisla, da que é a súa capital e principal núcleo de poboación.[4]
O municipio de Sonseca está formado por dous núcleos de poboación: a propia vila de Sonseca e a pedanía de Casalgordo, situada ao suroeste do termo municipal. Casalgordo foi un municipio independente ata 1853 e na actualidade conta cunha poboación moi reducida.[5]
Notas
editar- ↑ "Distribución de los municipios por provincias y tamaño de los municipios".
- ↑ https://www.thecitiesnow.com/es/spain/sonseca
- ↑ https://www.sonseca.es/municipio-de-sonseca/
- ↑ https://www.turismocastillalamancha.es/patrimonio/sonseca-52731/alrededores/
- ↑ https://www.elespanol.com/eldigitalcastillalamancha/sociedad/20200901/pueblo-cercano-toledo-habitante-calendario-eurocaja-rural/517449720_0.html