Soneto de Monterrei
obra literaria en lingua galega
O Soneto de Monterrei é un poema do século XVI e unha das poucas mostras de literatura galega dos séculos escuros. Descoñécese a súa autoría, e aínda que se atribuíu nun principio a Luís de Camões, parece pouco probábel para un poema con contido sutil e maduro para un Camões que nesa altura non podía ter máis de quince anos[1].
Texto
editarSoneto de Monterrei
- Alá en Monterrei en Val de Laça,
- a Violante vi beira de un río
- tan fermosa, en verdá, que quedei frío
- de ver alma inmortal en mortal maça.
- De un alto e lindo corpo a seda laça
- a pastora sacaba fío a fío,
- quando lle dise: -“Morro, corta o fío”
- -“Vólveo, non cortarei, seguro pasa”.
- -“¿E como pasarei, se eu acá quedo?
- Se pasar –respondí- non vou seguro
- que este corpo, sen alma, morra cedo”.
Anónimo, 1530-1540
- -“Coa minha, que levas, te aseguro
- que non morras pastor”. –“Pastora hei medo;
- o quedar me parece máis seguro".
Notas
editar- ↑ Tarrío Varela, A. (1994). Literatura galega. Xerais. p. 85.