Son Sardina
Son Sardina é un barrio da cidade de Palma, en Mallorca, situado no distrito norte. Limita ao oeste con Son Espanyol, ao leste con La Indioteria, ao norte cos concellos de Esporles, Valldemossa e Bunyola, e ao sur con Palma polo torrente d'en Barberà.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Illas Baleares | |||
Illa | Mallorca | |||
Cidade | Palma ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 2.701 ![]() | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 65 m ![]() | |||
Santo padrón | Sebastián e Inmaculada Concepción ![]() | |||
Chégase pola estrada de Sóller (Ma-11) ou en transporte público, mediante a liña 12 de autobús da EMT. Tamén ten un carril bici que o conecta con Palma. Polos arredores de Son Sardina pasan o ferrocarril de Sóller e o metro de Palma, onde hai unha estación en superficie.
Dentro dos límites administrativos do barrio de Son Sardina atópase o pequeno núcleo de sa Garriga, situado máis ao norte, á altura de Son Reus.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Son Sardina ![]() |