Solidaridad (A Coruña)
semanario anarquista coruñés (1935-1936)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Solidaridad.
Solidaridad foi un semanario editado na Coruña entre 1935 e 1936.
Solidaridad | |
---|---|
Fundación | 1935 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | A Coruña |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu en xuño de 1935 para substituír a Solidaridad Obrera. Foi voceiro da Confederación Regional Galaica da CNT. Dirixido por José Prego, despois foi substituído por Jaime Baella. Na Fronte Popular chegou a tirar 7.000 exemplares. Contaba con seccións dedicadas ao campo e ao mar. Publicou artigos e colaboracións de Rudolf Rocker, Diego Abad de Santillán e Jacinto Toryho e dos cadros da CNT galaica Claro José Sendón, Jacinto Méndez, Vicente Díaz Veiga, Juan Expósito e Emilio Novás. Cesou a súa publicación en xullo de 1936.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Solidaridad". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. p. 247. ISBN 84-87783-79-1.
- Madrid Santos, F. (1989). La prensa anarquista y anarcosindicalista en España desde la I Internacional hasta el final de la Guerra Civil (tese, CC BY 3.0 ES) (en castelán). UB.