Sol (música)

é o nome da quinta nota musical da escala diatónica de dó maior

Sol en notación latina ou G en notación anglosaxoa, é o nome da quinta nota musical da escala diatónica de maior.

Sol.

Antes da adopción do solfexo, utilizábase a notación alfabética segundo a cal as notas designábanse mediante letras. Neste sistema a nota "sol" corresponde á letra "G". Este nome mantense en varios idiomas.

Máis tarde o nome desta nota foi "sol", que deriva do inicio do quinto verso do himno relixioso Ut queant laxis, empregado por Guido d'Arezzo para nomear todas as notas musicais.

Altura

editar

En temperamento igual o sol que está por riba do medio no piano (sol4) ten unha frecuencia aproximada de 391,995 Hz. Este son ten dous enharmónicos, que son fa dobre díese e la dobre bemol.

Notación

editar
 
Sol nas catro claves máis comúns.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar