Slackware
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2013.) |
Slackware Linux é a distribución Linux máis antiga que ten vixencia. O seu primeiro lanzamento foi en abril do ano 1993, e actualmente conta coa versión 14.1. Contén un programa de instalación doado de usar (mais pode ser unha distribución complexa para os novos en sistemas linux), extensa documentación aínda que pouca en galego, e un sistema de xestión de paquetes baseado en menús.
Slackware | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
En galego | non |
Última versión estable | 15.0 |
Unha instalación completa inclúe unha implementación de X Window System para o sistema de xanelas X.Org; entornas de escritorio como KDE (4.8.5) (GNOME estivo incluído ata a versión 10.1) e Xfce (4.10); contorno de desenvolvemento para C/C++, Perl, Python, Java, LISP e Ruby; utilidades de monitorización de redes, servidores de correo (Mozilla Thunderbird), de noticias (INN), HTTP (Apache) ou FTP; programas de deseño gráfico como GIMP; navegadores web como Konqueror, Firefox e Mozilla SeaMonkey, entre outras moitas aplicacións.