Six Days Seven Nights
Six Days Seven Nights é un filme dirixido por Ivan Reitman que se estreou en 1998. O filme que foi rodado en Kauai, está protagonizado por Harrison Ford, Anne Heche, David Schwimmer, Jacqueline Obradors, e Temuera Morrison.
Seis días e sete noites | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Six Days Seven Nights |
Director | Ivan Reitman |
Produtor | Ivan Reitman Roger Birnbaum |
Guión | Alan Miller |
Intérpretes | Harrison Ford Anne Heche David Schwimmer Jacqueline Obradors |
Música | Randy Edelman Taj Mahal |
Fotografía | Michael Chapman |
Montaxe | Wendy Greene Bricmont Sheldon Kahn |
Estudio | Caravan Pictures Northern Lights Entertainment Roger Birnbaum Productions |
Distribuidora | Touchstone Pictures |
Estrea | 1998 |
Duración | 98 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Orzamento | $70 000 000[1] |
Recadación | $164 839 294 |
Na rede | |
Sinopse
editarDe vacacións nunha illa tropical co seu mozo, Robin Monroe, unha ambiciosa editora dunha revista de Nova York, accede a cubrir unha reportaxe nunha illa veciña. O único avión dispoñible na illa é o pilotado por Quinn Harris, un home bebedor que a desagrada fondamente. Pero ela non ten escolla e el necesita os cartos, así que emprenden o voo. Durante o camiño sofren un accidente e van a parar a unha illa deshabitada.
Personaxes
editar- Harrison Ford como Quinn Harris
- Anne Heche como Robin Monroe
- David Schwimmer como Frank Martin
- Jacqueline Obradors como Angelica
- Temuera Morrison como Jager
- Allison Janney como Marjorie
- Douglas Weston como Philippe Sinclair
- Cliff Curtis como Kip
- Danny Trejo como Pierce
- Ben Bodé como Tom Marlowe
- Derek Basco como Ricky
- Amy Sedaris como Secretaria de Robin
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)