Sitapha Savané
Sitapha Alfred Savané Sagna, nado en Dakar o 20 de agosto de 1978, é un ex xogador de baloncesto senegalés e español.[1] Foi membro da selección de baloncesto do Senegal. A súa carreira profesional desenvolveuse en España, a maioría dela na Liga ACB.[2]
![]() (2015) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Sitapha Alfred Savané Sagna ![]() 20 de agosto de 1978 ![]() Dakar, Senegal ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | United Nations International School (en) ![]() Academia Naval dos Estados Unidos (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 201 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 105 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2000 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Pivote ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2006 | Campionato mundial de baloncesto de 2006 ![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarSavané formouse na Academia Naval da NCAA norteamericana, onde permaneceu tres tempadas. Ó rematar a súa etapa universitaria deu o salto ó baloncesto español, fichando polo Menorca Bàsquet na liga LEB, dende onde pasou ó Tenerife durante tres tempadas, as dúas primeiras na liga LEB e a última en ACB co Unelco Tenerife.[3]
Na tempada 2004-05 ficha polo CB Gran Canaria, club no que fica oito anos seguidos, alcanzando a capitanía do club e varios récords do equipo.[4] Na tempada 2011-12 deslígase do CB Gran Canaria.[5] Unhas semanas máis tarde incorpórase ó Club Joventut de Badalona, tamén na Liga ACB.[6] Pasa tres tempadas no Joventut de Badalona, salientando a campaña 2014-15, onde finalizou en segundo lugar na clasificación de máximo taponador (1,58), ademais ter unha media de nove puntos e tres rebotes por encontro.[7] Ó rematar devandita tempada, non renova o seu contrato e volve ó CB Gran Canaria para a tempada 2015-16.[8] Logo dun ano en Gran Canaria ficha polo Movistar Estudiantes.[9]
Ao remate da tempada 2017-18 anunciou a súa retirada, sendo nese intre o xogador non nado en España que máis partidos xogou na liga ACB.[10] No momento da súa retirada capturou 2015 rebotes na ACB, cun termo medio de 4,13 rexeitamentos por partido, encontrándose entre os 50 xogadores máis reboteadores da Liga.[11] Con 499 tapóns, converteuse no quinto taponador histórico da Liga.[12][13]
Notas
editar- ↑ Duque, Nacho (14 de maio de 2017). "Liga Endesa: Sitapha Savane, uno de los nuestros". Marca.com. Consultado o 13 de novembro de 2020.
- ↑ "Sitapha Savané se retira como jugador tras quince temporadas en la ACB". www.efe.com (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2018.
- ↑ "ACB.COM - Taph, un diplomático en la ACB". www.acb.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 11 de xuño de 2018.
- ↑ "Savané se convierte en el máximo anotador histórico del CB Gran Canaria". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2019. Consultado o 09 de febreiro de 2021.
- ↑ "Me voy pero sigo jugando al basket porque no he perdido la ilusión"
- ↑ "Sitapha Savané: El carisma se viste de verdinegro". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2019. Consultado o 09 de febreiro de 2021.
- ↑ "Savané regresa al Herbalife". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 09 de febreiro de 2021.
- ↑ "Sitapha Savané regresa". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2016. Consultado o 09 de febreiro de 2021.
- ↑ "ACB.COM - Sitapha Savané, experiencia para la pintura de Movistar Estudiantes". www.acb.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2016. Consultado o 9 de agosto de 2016.
- ↑ Duque, Nacho (16 de maio de 2018). "Sitapha Savané pone punto y final a su carrera en las canchas a los 39 años". Marca.
- ↑ "Históricos: reboteadores en LACB". ACB. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2018. Consultado o 3 de setembro de 2018.
- ↑ "Históricos: tapones en LACB". ACB. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2018. Consultado o 3 de setembro de 2018.
- ↑ "Historial estadístico - Savané, Sitapha". ACB. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2018. Consultado o 2 de setembro de 2018.