Sima Samar
Sima Samar (persa: سیما سمر), nada o 3 de febreiro de 1957, é unha activista dos dereitos humanos e política afgá que foi ministra de Asuntos de Mulleres de Afganistán entre decembro de 2001 e 2002, presidenta da Comisión Independente de Dereitos Humanos de Afganistán e relatora especial da ONU sobre a situación dos dereitos humanos no Sudán (2005-2009).
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fa) سیما سمر ![]() 3 de febreiro de 1957 ![]() Jaghori District, Afganistán (en) ![]() ![]() |
![]() | |
decembro de 2001 – 2003 ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Islam ![]() |
Educación | Universidade de Cabul (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política, médica, Activista polos dereitos humanos ![]() |
Partido político | Truth and Justice Party (en) ![]() ![]() |
Premios | |
|
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/b/b0/Hillary_Clinton_with_Afghan_female_politicians_in_2011.jpg/220px-Hillary_Clinton_with_Afghan_female_politicians_in_2011.jpg)
Traxectoria
editarSamar naceu no distrito de Jaghori da provincia de Ghazni no seo dunha familia hazara. Estudou medicina na Universidade de Cabul e tras licenciarse en febreiro de 1982 practicou a medicina nun hospital público en Cabul, pero logo dalgúns meses houbo de fuxir á súa terra natal para manter a súa seguridade. En Jaghori proporcionou tratamento médico os habitantes das zonas remotas da rexión.
En 1984 o réxime comunista arrestou o seu marido[1] e Samar, co seu fillo, fuxiu ao veciño Paquistán e traballou como doutora entre os campos de refuxiados afgáns. Diante a total falta de instalacións sanitarias para as mulleres afgás refuxidas fundou en 1989 a Organización Shuhada que estableceu unha clínica en Quetta dedicada a prestar coidados sanitarios ás mulleres e nenas afgás, así como formación para o persoal sanitario e apertura de escolas nos campos de refuxiados e posteriormente en zonas rurais de Afganistán. Nos anos seguintes a clínica abriu sucursais ao longo de Afganistán e durante o réxime dos talibán tamén estableceu escolas clandestinas para a educación das nenas afgás[2]. En 2012 Shuhada mantiña máis dun cento de escolas e 15 clínicas e hospitais[3].
En decembro de 2001 volveu a Afganistán para exercer como vicepresidenta e ministra de Asuntos das Mulleres no goberno de transición de Hamid Karzai entre o 22 de decembro de 2001 e o 22 de xuño de 2001[4] mais houbo de dimitir do seu cargo por opoñerse ao poder dos señores da guerra no seo do goberno[5] e ao acusala o fiscal xeral do país de blasfemia[6] por supostamente declarar nunha entrevista que non cría na xaría.
Samar dirixiu a Comisión Independente de Dereitos Humanos de Afganistán ata xullo de 2019[7]. En 2010 estableceu a Universidade de Gawharshad que ao pouco tiña 1200 estudantes. En 2019 o secretario xeral das Nacións Unidas António Guterres designouna como unha dos oito integrantes do Panel de alto nivel sobre desprazamentos internos, baixo a dirección de Federica Mogherini e Donald Kaberuka[8] e o 18 de setembro de 2019 o presidente Ashraf Ghani nomeouna enviada especial do presidente e ministra de Estado para os dereitos humanos e relacións internacionais[9].
Notas
editar- ↑ Rosemarie Skaine (2008). Women of Afghanistan in the Post-Taliban Era: How Lives Have Changed and Where They Stand Today. McFarland. p. 147.
- ↑ Claudia Lohrenscheit (2016). "Human Rights in Afghanistan". En Ellen Christoforatou. Education in a Globalized World: Teaching Right Livelihood. Prolog. pp. 67–68.
- ↑ "Sima Samar (2012, Afghanistan)". The Right Livelihood Award.
- ↑ "Dr. Sima Samar Biography". Shuhada. 28 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2021. Consultado o 12 de decembro de 2020.
- ↑ Elaheh Rostami-Povey (2013 [2007]). Afghan Women: Identity and Invasion. Zed Books. p. 59.
- ↑ Thomas F. Farr (2008). World of Faith and Freedom: Why International Religious Liberty Is Vital to American National Security. Oxford University Press. p. 6.
- ↑ "شهرزاد اکبر رییس جدید کمیسیون مستقل حقوق بشر افغانستان شد". Fars news Agency. 17 de xullo de 2019. Archived from the original on 20 de xullo de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2020.
- ↑ "High-Level Panel on Internal Displacement" ONU, 3 de decembro de 2019
- ↑ "Sima Samar appointed Afghanistan’s Human Rights Minister". The Right Livelihood Award. 18 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2020. Consultado o 12 de decembro de 2020.