Silvia Superstar
Silvia García Pintos, nada en Vigo o 26 de setembro de 1970,[1][2] é unha cantante, actriz e empresaria galega, coñecida como Silvia Superstar.
![]() Silvia Superstar en 2009 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de setembro de 1970 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | música, cantante, actriz ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Anxo Pintos ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarSilvia Superstar naceu en Vigo, nunha familia interesada pola música.[3] É irmá dos músicos Anxo[4] e Gael Pintos.[5]
Cando era adolescente adoptou o nome artístico de Silvia Superstar inspirándose nunha boneca Barbie.[2]
Tocou o baixo nun grupo chamado Los últimos de Filipinas.[3] Posteriormente, formou parte de Aerolíneas Federales, que deixou para formar coa súa parella Billy King Killer Barbies,[2] coa que acadou o éxito, chegando a tocar en países como os Estados Unidos, Alemaña e o Xapón. En 2009 debutou como cantante en solitario.[6]
Á marxe da música, foi propietaria de bares e dunha tenda de roupa e mais deseñadora de moda.[2][1]
Filmografía
editar- A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos[2] (1993, acreditada como Silvia Pintos)
- Killer Barbies (1996)
- Killer Barbies vs. Dracula (2002)
- Ellos robaron la picha de Hitler (2008)[7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 López, Belén (23 de febreiro de 2021). "Silvia Superstar: "Soy muy disfrutona en todo lo que hago"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 02-01-2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Montenegro, Ana (5 de marzo de 2020). "Silvia Superstar, la vida de la polifacética cantante de Killer Barbies". Expansión (en castelán). Consultado o 02-01-2021.
- ↑ 3,0 3,1 Clochu (4 de febreiro de 2020). "Entrevista a Silvia Superstar en la Cutrecon 9. Premio Jess Franco 2020". Los Interrogantes (en castelán). Consultado o 02-01-2021.
- ↑ Ferrer, Pablo (26 de abril de 2010). ""Hacemos arquitectura contemporánea sobre el paisaje de la música tradicional"". Heraldo (en castelán). Consultado o 02-01-2021.
- ↑ R. Sotelino, Begoña (4 de abril de 2015). "El compañero de habitación que ronca". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo). Consultado o 02-01-2021.
- ↑ "Silvia Superstar debuta en solitario". Efeeme (en castelán). 16 de xaneiro de 2009. Consultado o 02-01-2021.
- ↑ "Ellos robaron la picha de Hitler", serie Z del heredero de Jess Franco