Siegfried (ópera)
Siegfried (en galego, Sigfrido) é unha ópera en tres actos con música e libreto en alemán de Richard Wagner. É a terceira das catro óperas que compoñen o ciclo Der Ring des Nibelungen (O anel do Nibelungo). Foi estreada no Bayreuth Festspielhaus de Bayereuth o 16 de agosto de 1876 como parte da primeira representación da saga completa. Forma parte do Canon de Bayereuth. Siegfried segue a ser unha das óperas máis populares; nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece no posto nº 50 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 13.ª en Alemaña e a quinta de Wagner, por detrás de Der fliegende Holländer, Das Rheingold, Die Walküre e Tristan und Isolde.
Siegfried Sigfrido | |
---|---|
![]() Siegfried, ilustración de Ferdinand Leeke. | |
Forma | Drama musical |
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Alemán |
Libretista | Richard Wagner |
Fontes literarias | O poema anónimo medieval Das Nibelungenlied e a escandinava Volsunga Saga |
Estrea | 16 de agosto de 1876 |
Teatro da estrea | Festspielhaus |
Lugar da estrea | Bayreuth |
Duración | 4 horas |
Música | |
Compositor | Richard Wagner |
Personaxes | |
Siegfried (tenor heroico) |
Personaxes
editarPersonaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 16 de agosto de 1876 (Director: Hans Richter) |
---|---|---|
Siegfried | tenor | Georg Unger |
Mime | tenor | Karl Schlosser |
O Viaxeiro | baixo-barítono | Franz Betz |
Alberich | barítono | Karl Hill |
Fafner | baixo | Franz von Reichenberg |
Waldvogel (o paxaro do bosque) | soprano (treble)[2] |
Marie Haupt |
Erda | contralto | Luise Jaide |
Brünnhilde | soprano | Amalie Materna |
Notas
editar- ↑ Martín Triana, José María (1992). El libro de la ópera (en castelán) (2ª ed.). Alianza Editorial, S.A. p. 322. ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ A wikipedia en alemán afirma que este papel é un Knabensopran "neno soprano".
Véxase tamén
editar Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |