Siagrio
Siagrio (430-486) foi un xeneral romano que reinou na Galia do norte como Rei de romanos. Era fillo de Exidio, o magister militum da Galia, que se volvera independente do poder imperial na Galia do norte e que morreu no 464.
Nome orixinal | (la) Syagrius |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 430 (Gregoriano) Lión, Francia |
Morte | c. 487 (Gregoriano) (56/57 anos) Augusta Suessionum, Francia |
Causa da morte | ferida de arma branca |
Lugar de sepultura | Augusta Suessionum |
Magister militum | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Período de tempo | Imperio Romano serodio |
Período de actividade | 471 - |
Carreira militar | |
Lealdade | Imperio Romano de Occidente |
Rango militar | Xeneral |
Familia | |
Pai | Exidio |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Dicionario enciclopédico de escritorio |
Tras a morte de Paulo, Siagrio herdou do seu pai unha parte da Galia (entre o Río Somme e o Loira: o dominio galo-romano), fóra do control do reino visigodo e dos reinos francos en clara expansión sobre as súas terras. O seu título de Rei de romanos foi recoñecido polos seus iguais, os reis dos francos, reis dos burgundios, e reis dos visigodos. Segundo a análise de Léon Fleuriot, o seu reino existía en partenariado con Ambrosio Aureliano, líder autónomo dos bretóns establecidos daquela un pouco por todas partes na Galia do norte. A capital do seu estado foi Soissons.
A redución do territorio que controla non leva máis que ao reducido do dominio real de Soissons.
O final do seu reinado estivo marcado polo conflito cos francos. O rei franco, Clodoveo I, venceu a Siagrio na batalla de Soissons en 486. Buscou refuxio onda Alarico II, quen o prendeu e o enviou ao rei franco o ano seguinte. Este fíxoo asasinar: segundo Gregorio de Tours, Siagrio foi degolado en segredo.
Siagrio é o último representante do poder galo-romano na Galia do norte, daquela asolada polos pobos xermánicos no marco das Grandes invasións despois de 406.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fleuriot, L. (1980): Les origines de la Bretagne. Éditions Payot, ISBN 2-228-12710-8.
- Encyclopaedia Britannica. 11ª edición. 1911. (En dominio público.)