Severino Bugallo Valiñas
Severino Bugallo Valiñas, nado en Cerdedo cara a 1892 e finado no mesmo concello en abril de 1981,[1] foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1892 ![]() Cerdedo, España ![]() |
Morte | abril de 1981 ![]() Cerdedo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Republicano Radical Socialista ![]() |
Familia | |
Irmáns | Sabino Bugallo Valiñas ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarMembro do Centro Republicano Radical Socialista, foi designado candidato a Xunta municipal en maio de 1931,[2] foi elixido concelleiro e foi tesoureiro do concello. Pertenceu á Agrupación Socialista de Cerdedo, da que foi elixido contador da directiva en xaneiro de 1935.[3]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido con Manuel Garrido, José Torres Paz e José Cortizo González e trasladado a Pontevedra. Zafou de ser asasinado grazas a intervención do seu irmán Vicente Bugallo, xefe da Falange de Soutelo de Montes, que conseguiu que alguén o reclamase da Comandancia e o metese nunha fonda. En maio de 1938 foi multado polo gobernador civil de Pontevedra con 500 pesetas.[4] Agochouse e fuxiu a Cuba, pasando despois aos Estados Unidos de América, de onde volveu á zona leal coas Brigadas Internacionais. Ao final da guerra estivo destinado en Reus e Salou e de alí pasou a Francia sendo internado no Campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Fuxiu do campo e marchou a Bordeos para participar na resistencia contra os alemáns. Detido en 1941, foi deportado. Estivo preso durante catro anos no Campo de concentración de Villaverde (Madrid), nas cocheiras de Vigo e na factoría de Barreras.
Vida persoal
editarCasou con Jovita García Dapena.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Pereira, Dionisio (2006). A II República e a represión franquista no concello de Cerdedo (PDF). Cerdedo: Asociación Verbo Xido. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24/12/2018. Consultado o 26/12/2019.