Servando Albuerne Menéndez-Conde
avogado e político galego
Servando Albuerne Menéndez-Conde, nado en Asturias e finado en Tui en 1937, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Asturias, España |
Morte | 1937 Tui, España |
Alcalde de Tui | |
1916 – 1918 – Alejo Diz Jurado → | |
Alcalde de Tui | |
decembro de 1913 – ← Sabino Jurado | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Familia | |
Parentes | Valeriano Menéndez-Conde Álvarez, tío |
Traxectoria
editarSobriño do bispo de Tui Valeriano Menéndez-Conde Álvarez. Avogado e notario maior eclesiástico de Tui. Concelleiro de Tui, foi proclamado concelleiro polo artigo 29 en novembro de 1913,[1] e nomeado alcalde Tui por Real Orde en decembro de 1913.[2] Foi proclamado concelleiro de Tui polo artigo 29 en novembro de 1915.[3] Volveu ser nomeado alcalde de Tui en 1916.[4] Permaneceu no cargo ate 1918. Foi nomeado concelleiro e tenente alcalde de Tui en 1930.[5] Despois foi xuíz municipal de Tui.[6] Finou en Tui a finais de 1937.[7]
Vida persoal
editarCasou Tui con Pilar Castro García en 1901,[8] e foi pai de Luz e Pilar Albuerne Castro.
Notas
editar- ↑ Noticiero de Vigo, 5-11-1913, p. 1.
- ↑ El Diario de Pontevedra", 30-12-1913, p. 2.
- ↑ El Correo de Galicia, 9-11-1915, p. 2.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 1-1-1916, p. 2.
- ↑ El Progreso, 11-4-1930, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 19-6-1930, p. 8.
- ↑ Vida Gallega, 15-1-1938, p. 26.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 31-5-1901, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra: Deputación. ISBN 978-84-612-2481-4.
Predecesor: Sabino Jurado |
Alcalde de Tui 1914 - 1918 |
Sucesor: Alejo Diz Jurado |