Serra da Culebra
A serra da Culebra é un conxunto montañoso español localizado no noroeste da provincia de Zamora e da comunidade autónoma de Castela e León.
Tipo | serra montaña ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa ![]() | |||
División administrativa | Castela e León, España e Distrito de Braganza, Portugal ![]() | |||
| ||||
Cordilleira | Cordal Cantábrico ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 1.243 m 1.076 m ![]() | |||
Dimensións | 32 (![]() ![]() | |||
Material usado | Lousa ![]() | |||
Historia | ||||
Período de tempo | Ordovícico ![]() | |||
Cronoloxía | ||||
Incendio forestal de Ferreras e Sarracín de 2022 | ||||
xullo de 2022 | Incendio forestal de Losacio de 2022 | |||
xullo de 2022 | Incendios da serra da Culebra de 2022 ![]() | |||
Cunha configuración lonxitudinal, abrangue parte das comarcas zamoranas de Seabra, Carballeda, Aliste e Tábara, limitando ao oeste coa veciña Tras os Montes e Alto Douro de Portugal. En total comprende un amplo territorio de aproximadamente 70 000 ha, das que 61 305 ha foron declaradas Lugar de importancia comunitaria (LIC) e 67 340 ha foron declaradas reserva rexional de Caza. Así mesmo, desde a promulgación da “Lei 8/1991, do 10 de maio, de Espazos Naturais da Comunidade de Castela e León”, esta serra é un dos espazos naturais protexidos pola citada comunidade autónoma, aínda pendente de definir será a súa figura de protección definitiva.[1][2] Nos últimos anos debateuse a proposta de que esta serra sexa declarada parque natural, medida á que se opuxeron os veciños dos concellos afectados por considerala prexudicial para os seus intereses económicos.[3]
A nivel internacional, esta serra é coñecida por albergar unha das xoias da fauna e emblema da loita pola conservación, o lobo ibérico. O amplo espazo que ocupa a serra permítelle viaxar durante días por amplos espazos naturais sen presenza humana. É un dos mellores lugares de España para observar a fauna, contemplar paisaxes salvaxes ou vivir manifestacións etnográficas únicas que desapareceron noutras partes do país. Esta serra é polo tanto un lugar único no que gozar do sendeirismo, do ciclismo ou simplemente do turismo. Cada época do ano ofrece unha perspectiva única da súa natureza, sobre todo do outono, no que se pode gozar do cromatismo dunha paisaxe cambiante e dos froitos silvestres da estación (castañas e cogomelos).
A morfoloxía desta serra, duns 65 km de lonxitude, está formada por unha serie de serras (Atalaya, Cavernas, Mujer Muerta, Sesnández, Valcuevo, Roldana ou Cantadores) que se estenden lonxitudinalmente en sucesión. Outra das súas singulares características é que os seus cumios apenas superan os mil metros de altura, sendo a Pena Mira (1 241 m), Miño Cuevo (1 207 m) e Pena Castillo (1 185 m) as máis altas.
Notas
editar- ↑ http://noticias.juridicas.com/base_datos/CCAA/cl-l8-1991.t3.html#a18 Ley 8/1991, de 10 de maio, de Espacios Naturales de la Comunidad de Castilla y León
- ↑ "Patrimonio Natural de Castilla y León". Xunta de Castela e León. Valladolid. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 29 de setembro de 2012.
- ↑ "La Sierra de la Culebra merece ser espacio protegido". La Opinión-El Correo de Zamora. Consultado o 1 de outubro de 2012.
Durante los últimos años, vecinos de estos municipios han manifestado su oposición a que la sierra de la Culebra disponga de un mayor grado de protección que el actual, ya que consideran negativas para sus intereses económicos las restricciones que conlleva la declaración de un parque natural en la zona.
[Ligazón morta]
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Serra da Culebra |