Serra da Coriscada
serra de Galicia
A serra da Coriscada, que no seu tramo norte inicial ás veces é chamada serra de Solleiro, é unha serra galega que comeza en Estaca de Bares e limita entre os concellos de Mañón e Ortigueira. Polo leste da serra pasa o río Sor. A vexetación da zona son plantación de eucalipto, algunha carballeira pequena e na parte máis afastada o litoral así como nos cimos matogueira de breixos e toxos.
Tipo | serra | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Mañón, España e Ortigueira, España | |||
| ||||
O punto de maior altitude é o monte de Coriscada, con 523 metros sobre o nivel do mar.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1