Xirín europeo

(Redirección desde «Serinus serinus»)

O xirín europeo[2] (Serinus serinus), comunmente xirín ou nabiñeiro[3] é unha especie de ave paseriforme da familia dos frinxílidos (Fringillidae), que se distribúe por boa parte de Europa, norte de África e oeste de Asia. Non está ameazada e a súa poboación europea cífrase entre 8,3 e 20 millóns de parellas reprodutoras, o que equivalería a entre 24,9 e 60 millóns de individuos[4].

Xirín europeo

Macho


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Fringillidae
Xénero: Serinus
Especie: S. serinus
Nome binomial
Serinus serinus
(Linneo, 1766)
Distribución xeográfica do xirín. Verde: reside todo o ano Azul: só invernada Laranxa: só cría
Distribución xeográfica do xirín.
Verde: reside todo o ano
Azul: só invernada
Laranxa: só cría

Distribución xeográfica do xirín.
Verde: reside todo o ano
Azul: só invernada
Laranxa: só cría
Subespecies
Ver texto
Sinonimia
Fringilla serinus (protónimo)

Taxonomía

editar

Foi descrito por Linneo en 1766 baixo o nome de Fringilla serinus.[5] É unha especie monotípica, é dicir, sen subespecies descritas,[6][7] aínda que algunhas fontes mencionan unha subespecie Serinus serinus flaviserinus.[5]

Descrición

editar

É o máis pequeno dos frinxílidos, mide uns 11–12 cm. É un parente próximo ao canario. O manto e a cabeza son de cores parduscas mentres que o ventre é dunha forte cor amarela, en especial no macho (a especie presenta dimorfismo sexual).[8]

Distribución

editar

Nese chan á beiramar
no pracer adormentada,
ou encantada,
arregálante un sin fin
de paxaros ben cantores,
reiseñores,
o xílgaro e o xirín.

O xirín reside na meirande parte de Europa, sendo unha especie residente na conca Mediterránea, mentres que no norte habita unicamente en época de cría. Aínda que a súa área de distribución orixínase ou dá comezo no Mediterráneo, o xirín estendeuse dende o norte de África até o sur de Europa, e mesmo pola Europa continental e Asia Menor. Foi nos séculos XIX e XX, cando o xirín comezou a ampliar a súa área de distribución pola Europa Central e Occidental, iniciando tamén a colonización do Oriente Medio. Hoxe día pode atoparse nos países bálticos, e no Oriente, localízase en Belarús e Ucraína, espallando a súa distribución de forma xeral cara á costa do Mar Negro. A súa expansión cara ao sur deu lugar á instalación desta especie nas Illas Baleares, as Illas Canarias, as illas do Exeo, Chipre, así como no norte de Marrocos, Tunes, Alxeria e Exipto.

 
Serinus serinus
  1. BirdLife International (2008). "Serinus serinus". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 15 de agosto de 2009. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07. 
  3. Na@iñeiro, na base histórica de dicionarios galegos.
  4. Serinus serinus[Ligazón morta], na Lista Vermella da IUCN de especies ameazadas, consultada en maio de 2011 sobre datos de 2004.
  5. 5,0 5,1 "Ficha do xirín". Consultado o 22 de xuño de 2010. Avibase 
  6. Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2010. 
  7. Cornell Lab of Ornithology. "Clement's Checklist 6.3" (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2010. 
  8. Mullarney,K.; Svensson, L.; Zetterström, D; e Grant, P.J. (2003). Guía de Campo das Aves de España e de Europa. Editorial Omega. ISBN 84-282-1218-X. 
  9. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do xirín. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 89. ISBN 84-7154-379-6. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar