Sergio Algora
Sergio Algora Marín, nado en Zaragoza o 17 de xaneiro de 1969, e finado na mesma cidade o 9 de xullo de 2008 foi un músico, poeta e dramaturgo aragonés. Acadou sona por ser durante seis anos o cantante e líder do grupo indie pop El Niño Gusano, do que tamén compuxo a maioría das letras, e pola súa carreira posterior como fundador de Muy Poca Gente e compoñente de La Costa Brava. Como letrista o seu estilo surrealista foi celebrado pola crítica, pero rebatido por el mesmo negando a etiqueta[1], abrindo un proxecto para a súa publicación con RCA Records que editou cancións como "El chico de la noria hecha con pelos de colores", "Creo que te voy a dejar (bueno, no sé)" ou "Pon tu mente al sol".
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1969 ![]() Zaragoza, España ![]() |
Morte | 9 de xullo de 2008 ![]() Zaragoza, España ![]() |
Causa da morte | cardiopatía ![]() |
Educación | Christ the King College (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, letrista ![]() |
Membro de | |
![]() ![]() ![]() |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Traxectoria
editarAutor de poesía e narrativa, dono de bar, de tenda discográfica e lanzador de discos ao prato foi unha personalidade artística polivalente[2]. Doente de endocarditis, falece durante o sono aos 39 anos. Como poeta Chamán ediciones publícalle Celebrad los días, a modo póstumo, como recopilación dos seus traballos distribuídos en vida (Envolver en humo, 1994; Paulus e Irene, 1998; Otro rey, la misma reina, 2003; Cielo ha muerto, 2005; Los versos dictados, 2005) Neles adica a súa atención como poeta ao amor físico e pasional ou ás pantasmas da identidade influenciado polo simbolismo francés de Baudelaire ou Verlaine, así como polo poeta castelán Leopoldo María Panero.
No plano musical Algora foi un pioneiro do indie en castelán, nunha época na que o inglés era dominante nas discográficas o letrista funda a banda Tras el Francés que mantivo a súa actividade de 1987 a 1991, o seu traballo está re-editado por Madmua Records en 2019 [3] O seu seguinte proxecto acada sona estatal, cun primeiro EP, "Palencia" (Grabaciones en el Mar, 1994) El Niño Gusano, banda formada xunto con Mario Quesada, Sergio Vinadé e Andrés Perruca, inicia unha vida artística de seis anos con Algora como letrista onde fichan con RCA, son invitados ao Festival Internacional de Benicassim e ao BAM no 1997 ou a programas de retransmisión estatal como Lo + Plus.
O autor tamén publica como articulista e dramaturgo, na obra de teatro La lengua del bosque, estreada en 2005.
Obra literaria
editarNarrativa
editar- Marcianos (Pregunta ediciones / Madmua, 2018), con ilustracións de Óscar Sanmartín Vargas
- No tengo el placer (Xordica, 2009)
- A los hombres de buena voluntad (Xordica, 2006; 2ª edición 2009)
Poesía e letras de cancións
editar- Las letras de Sergio Algora (Madmua, 2019)
- Celebrad los días (Chamán Ediciones, 2017)
- Cielo ha muerto (Diputación Provincial de Zaragoza, 2005)
- Los versos dictados (Aqua, 2005)
- Otro rey, la misma reina (Juan Pastor, 2003)
- Paulus e Irene (Olifante, 1998)
- Envolver en humo (Lola, 1994)
Teatro
editar- La lengua del bosque (Chorrito de Plata, 2005)
Discografía
editarCon El Niño Gusano
editar- Palencia (Grabaciones en el Mar, 1994)
- Circo luso, 1995.
- El efecto lupa, 1996.
- El escarabajo más grande de Europa, 1998.
- Fantástico entre los pinos, 2000.
Con Muy Poca Gente
editarCon La Costa Brava
editar- Déjese querer por una loca, 2003.
- Los días más largos, 2003.
- Se hacen los interesantes, 2004.
- Llamadas perdidas, 2004.
- Costabravismo, 2005.
- Velocidad de crucero, 2007.
- Futuros padres, 2007.
Con Cangrejus
- La elegancia entra en su casa, 2018.
Con Tras el francés
- Tras el francés, 2019.
Notas
editar- ↑ Sergio Algora(en castelán)
- ↑ Sergio Algora(en castelán)
- ↑ Sergio Algora(en castelán)