Sergei Agababov
Sergei Artemovich Agababov, nado en Makhachkala o 25 de outubro de 1926 e finado en Moscova o 23 de outubro de 1959, foi un compositor soviético daguestaní.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de outubro de 1926 ![]() Mahackala, Rusia (pt) ![]() ![]() |
Morte | 23 de outubro de 1959 ![]() Aeroporto de Moscova-Vnukovo, Rusia ![]() |
Causa da morte | accidente de aviación ![]() |
Grupo étnico | Pobo armenio ![]() |
Educación | Conservatório de Moscovo (pt) ![]() Q4285684 ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | compositor ![]() |
Período de actividade | 1951 ![]() ![]() |
Xénero artístico | Música clásica ![]() |
Descrito pola fonte | Armenian Concise Encyclopedia (en) ![]() Enciclopedia soviética armenia, volume 1, (p.238-239) ![]() |
Traxectoria
editarEstudou teoría musical con Gotfrid Hasanov na escola de música do Daguestán, graduándose en 1951 e compoñendo as súas primeiras cancións. En 1952 entrou no Conservatorio de Moscova, estudando composición con Anatoli Alexandrov, durante eses anos compuxo inspirándose no folclore da súa terra natal o que deu como resultado a suite sinfónica e vocal "Canción do Daguestán" en seis partes así como outras obras orquestrais e para piano. Despois de se graduar compuxo cantatas e cancións baseadas en poemas, e algunhas tornáronse en populares e mais tamén cancións para nenos. En 1958 e 1959 publicou en periódicos da rexión un traballo sobre a música popular daguestaní, que se editou postumamente en libro en 1960 tras a súa morte nun accidente aéreo.