Seoane, As Pontes de García Rodríguez
San Xoán de Seoane é unha parroquia que se localiza no oeste do concello das Pontes de García Rodríguez. Segundo o IGE en 2014 tiña 8 habitantes (3 mulleres e 5 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2014 cando tiña 9 habitantes.
Seoane | |
---|---|
![]() Igrexa de San Xoán de Seoane. | |
Concello | As Pontes de García Rodríguez[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°56′05″N 8°45′48″O / 42.93461835, -8.7633463 |
Poboación | 8 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo deriva do latín Sanctu(m) Iohanne(m), San Xoán.[2]
Historia
editarEsta parroquia, co seu antigo nome de San Xoán de Seixa segregouse do concello da Capela xunto coas de Bermui, Espiñaredo, San Pedro de Eume, Ribadeume, A Faeira e Goente que pasaron a integrarse no concello das Pontes de García Rodríguez en xullo de 1982.[3][4]
A partir dos primeiros anos da década de 1970 foi perdendo entidades de poboación debido á expansión da escombreira da mina de lignito a ceo aberto das Pontes, ata quedar reducida aos dous lugares que actualmente a compoñen. No ano 1985 xa cambiara o seu antigo nome polo actual.
Lugares e parroquias
editarLugares de Seoane
editarParroquias das Pontes de García Rodríguez
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 438. Ed. Xerais, Vigo 1992.
- ↑ "Decreto corrección de erros, polo que se aproba a segregación das parroquias de Espiñaredo, San Xoán de Seixa, Goente, Ribadeume, San Pedro de Eume, Bermui e Faeira, pertencentes ó municipio da Capela, para a súa posterior agregación ó municipio das Pontes de García Rodríguez, da provincia da Coruña". Diario Oficial de Galicia (Xunta de Galicia) (17): 294. Sábado, 2 de outubro de 1982.
- ↑ "Etnografía: Entrevistas aos nosos maiores" (PDF). Hume. Revista de Estudos Históricos Locais (As Pontes) (8): 266–267. 2015. ISSN 1888-6183.