Selma Barkham
Selma Huxley, tamén coñecida como Selma Barkham ou Selma Barkham Huxley, nada en Londres o 8 de marzo de 1927 e finada en Chichester o 3 de maio de 2020,[1] foi unha historiadora canadense de protagonismo internacional nos campos da historia marítima do País Vasco e do Canadá.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1927 ![]() Londres, Reino Unido ![]() |
Morte | 3 de maio de 2020 ![]() Chichester, Reino Unido ![]() |
Educación | Universidade de Londres ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xeógrafa, historiadora ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Parentes | Aldous Huxley Julian Huxley Thomas Henry Huxley, bisavó Henri-Gustave Joly de Lotbinière, bisavó ![]() |
Premios | |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarAs súas investigacións permitíronlle reconstruír un capítulo pouco coñecido da historia de Canadá e do País Vasco: o bacallau vasco e as pesqueiras de baleas na Terra Nova, sobre todo no século XVI.[2] Descubriu a existencia dunha industria baleeira vasca no século XVI en Labrador, os seus portos baleeiros, os restos arqueolóxicos das súas bases, así como a presenza de galeóns vascos afundidos neses portos, entre eles o San Juan (1565).
Distincións
editarEn 1981 o Goberno do Canadá concedeulle a Orde do Canadá, o seu máximo galardón civil, polo seu traballo pioneiro e por ter realizado "unha das contribucións máis brillantes, nos últimos anos, á historia desta nación".
Notas
editar- ↑ "Fallece Selma Huxley, gran investigadora de los balleneros vascos". 4 de maio de 2020. Consultado o 5 de maio de 2020.
- ↑ "El caso de Selma Huxley | Vidas científicas" (en castelán). 13 de marzo de 2018. Consultado o 16 de abril de 2019.