Segundo Pla de Huidobro
avogado, notario e político galego
Segundo Pla de Huidobro, finado en Vigo o 11 de novembro de 1922[1], foi un avogado, notario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | 11 de novembro de 1922 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado, notario ![]() |
Traxectoria
editarFoi redactor de El Gallego, periódico editado en Lugo en 1867.[2][3][4] Avogado na Coruña e notario na Ramallosa e Vigo, foi elixido deputado polo distrito de Betanzos nas Cortes Constituíntes da República Española de 1873.[5]
Casou con María Josefa Reguera y Malvar e tivo dezaoito fillos. Foi soterrado no cemiterio de Santa Baia de Camos, Nigrán.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en Galicia. Diario de Vigo, 12-11-1922 , p. 6
- ↑ Soto y Freire, Manuel (1892). La imprenta en Galicia. Ensayo bibliográfico. p. 75
- ↑ Carré Aldao, E. (1929). Boletín de la Real Academia Gallega n.º 219. p. 64 Arquivado 06 de maio de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ Santos Gayoso, E. (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- ↑ Diario de Sesiones de las Cortes Constituyentes de la República Española de 1873 n.º 5. 5/6/1873. p. 37 (en castelán).