Segovia de Izquierdas
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Segovia de Izquierdas (Segovia de Esquerdas en galego) é un movemento social e político creado arredor desta coalición en 2007, a cal presentou candidaturas para as eleccións ás Cortes de Castela e León e as municipais de 2011 na provincia de Segovia co apoio de Izquierda Castellana, Yesca, Confederación Xeral do Traballo (CGT), Comunistas de Castilla, Coordinadora Antifascista de Segovia e a Plataforma por unha escola pública, laica e gratuíta de Segovia, así como ex-membros de Esquerda Unida. Presentou candidaturas ás Cortes de Castela e León por Segovia e aos concellos segovianos de Segovia, Palazuelos de Eresma e Matabuena, obtendo, neste último municipio, un concelleiro ao ser votada a candidatura cun 13,29% dos votos totais. Esta coalición participará xunto con outros partidos nas eleccións autonómicas e municipais de maio de 2015 dentro dunha nova candidatura chamada Ganemos Segovia[1].
Segovia de Izquierdas | |
---|---|
País | España |
Na rede | |
http://segoviadeizquierdas.blogspot.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 19 de marzo de 2015.