Sebastián Losada

futbolista español

Sebastián Losada Bestard, nado o 3 de setembro de 1967 en Madrid é un exfutbolista que xogaba na demarcación de dianteiro.

Modelo:BiografíaSebastián Losada
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade - 1995 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1984–1987   Real Madrid Castilla 63(18)
1984–1991   Real Madrid CF 38(13)
1987–1988 cesión   RCD Espanyol 28(8)
1991–1992   Atlético de Madrid 9(1)
1992–1993   Sevilla FC 3(0)
1993–1995   Celta de Vigo 53(12)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1983–1983   España sub-16 5(3)
1984–1986   España sub-18 10(5)
1985–1985   España sub-19 1(0)
1985–1985   España sub-20 5(3)
1988–1990   España sub-21 7(1)
1995–1995   España 1(0)

FIFA: 166467 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Formouse nas categorías inferiores do Real Madrid, con cuxo primeiro equipo chegou a debutar o 9 de setembro de 1984, con 17 anos. Porén ante a falta de oportunidades foi cedido ao RCD Espanyol, onde foi subcampión da Copa da UEFA na tempada 1987/88 nunha final agónica a dous encontros ante o Bayer Leverkusen, na que tras marcar dous goles no partido de ida errou o penalti decisivo tras o empate final.

Ao finalizar a cesión volveu ao Real Madrid, onde militou tres tempadas sen moitas oportunidades para xogar. En 1991 fichou polo Atlético de Madrid, mais tampouco xogou moito e marchou do club antes de finalizar a primeira tempada tras varios enfrontamentos co presidente, Jesús Gil.

Tras un breve paso polo Sevilla FC, onde compartiu equipo con Diego Armando Maradona, fichou polo Celta de Vigo en 1993, co equipo vigués chegaría á final da Copa do Rei en 1994.

Tras finalizar contrato co Celta en 1995 retirouse do fútbol para adicarse á súa carreira de avogado. No ano 2004 presentouse como candidato a presidir a Real Federación Española de Fútbol, pero non recibiu ningún voto.

Coa selección de fútbol

editar

Foi un habitual das categorías inferiores da Selección de fútbol de España, coa Sub-20 disputou o Mundial de Rusia chegando ata a final, encontro que perdería ante o Brasil, porén foi o máximo goleador do campionato e membro do once ideal.

O 18 de xaneiro de 1995, ano da súa retirada, debutou coa selección absoluta, nun encontro ante Uruguai.

Palmarés

editar