Sebas Moyano
Francisco Sebastián "Sebas" Moyano Jiménez, nado en Villanueva del Duque o 23 de marzo de 1997, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no Real Oviedo.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1997 ![]() Villanueva del Duque, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2013 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarFormouse como futbolista na canteira do CD Villanueva del Duque, chegando a debutar co primeiro equipo, e en 2012 ingresou nas categorías inferiores do Córdoba.[1] O 1 de setembro de 2013 debutou co filial na Segunda División B, nun empate sen goles ante o Almería B.
Na tempada 2015/16 marcou 19 goles, pero unha lesión no xeonllo impediulle disputar a promoción de ascenso, na que o seu equipo conseguiu subir de categoría.[2] O 18 de marzo de 2017 xogou o seu primeiro encontro co primeiro equipo, na Segunda División, substituíndo a Antoñito contra o Numancia.[3]
O 31 de xaneiro de 2019 saíu cedido ao Valencia Mestalla na busca de máis minutos, cesión que se prolongou un ano máis.[4][5]
O 7 de setembro de 2020 fichou polo Lugo. O 11 de novembro, con todo, foi cedido ao CD Ebro, porque non foi inscrito a tempo polo club galego.
De regreso a Lugo en xullo de 2021, Moyano converteuse nun titular habitual do equipo na tempada 2022/23, marcando cinco goles e participando en todos os partidos de liga, agás un, pero non puido evitar o descenso do equipo. O 14 de xuño de 2023, asinou un contrato de dous anos co Real Oviedo.[6]
O 17 de febreiro de 2024 marcou o seu primeiro triplete, nun partido contra o Burgos CF.[7]
Notas
editar- ↑ "Sebas Moyano: el niño se ha hecho hombre" (en castelán). 19 de marzo de 2017. Consultado o 18 de agosto de 2024.
- ↑ "Sebas Moyano dice adiós a la temporada" (en castelán). 10 de maio de 2016. Consultado o 18 de agosto de 2024.
- ↑ "Empate en un mal partido sin ocasiones" (en castelán). 18 de marzo de 2017. Consultado o 18 de agosto de 2024.
- ↑ "Acuerdo con el Valencia para la cesión de Sebas Moyano" (en castelán). 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2024.
- ↑ "Sebas Moyano se marcha cedido al Valencia Mestalla" (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 18 de agosto de 2024.
- ↑ "Sebas Moyano, nuevo futbolista del Real Oviedo" (en castelán). 14 de xuño de 2023. Consultado o 18 de agosto de 2024.
- ↑ "El Oviedo firma un partido redondo y aplasta al Burgos" (en castelán). 17 de febreiro de 2024. Consultado o 18 de agosto de 2024.