Scooby-Doo (filme)
Scooby-Doo é un filme estadounidense dirixido por Raja Gosnell que se estreou no 2002. Baséase na serie de animación Scooby-Doo creada por Joe Ruby e Ken Spears.
Scooby-Doo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Scooby-Doo |
Director | Raja Gosnell |
Produtor | Charles Roven Richard Suckle |
Guión | James Gunn |
Baseado en | Scooby-Doo de Joe Ruby e Ken Spears |
Intérpretes | Freddie Prinze, Jr. Sarah Michelle Gellar Matthew Lillard Linda Cardellini Rowan Atkinson Neil Fanning (voz) |
Música | David Newman |
Fotografía | David Eggby |
Montaxe | Kent Beyda |
Estudio | Mosaic Media Group Atlas Entertainment |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 2002 |
Duración | 86 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Infantil, Aventuras |
Orzamento | $84 000 000[1] |
Recadación | $275 700 000 |
Na rede | |
http://www2.warnerbros.com/sd_brand/index.html/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sinopse
editarDous anos despois de que un choque de egos obrigase a Mystery Inc. a pechar as súas portas, Scooby-Doo e os seus amigos Fred, Daphne, Shaggy e Velma, son chamados individualmente a Spooky Island para investigar unha serie de incidentes paranormais no club nocturno Spring Break. Preocupado porque o seu popular centro turístico pode estar realmente enmeigado, o propietario de Spooky Island, Emile Mondavarious, trata de volver a unir a eses detectives con fama de entremetidos para que resolvan o misterio antes de que o seu segredo sobrenatural asuste á multitude de universitarios que o frecuentan.
Personaxes
editar- Freddie Prinze, Jr. como Fred Jones, o líder de Mystery Inc.
- Sarah Michelle Gellar como Daphne Blake
- Matthew Lillard como Shaggy Rogers
- Linda Cardellini como Velma Dinkley
- Rowan Atkinson como Emile Mondavarious
- Isla Fisher como Mary Jane
- Miguel A. Núñez, Jr. como Mestre Voodoo
- Steven Grives como N' Goo Tuana
- Sam Greco como Zarkos
- Michala Banas como Carol
- Kristian Schmid como Brad
- Martin Broome como Melvin Doo
- Nicholas Hope como Vello Smithers / The Luna Ghost
- Holly Brisley como Muller do vídeo de formación
- Remi Broadway como Home do vídeo de formación
- Andrew Bryniarski como Esbirro da caverna
- Janis McGavin como Co-Ed Hottie
- Kym Jackson como Buscador de autógrafos
- Sugar Ray como Eles mesmos
- Pamela Anderson como Ela mesma
- Sandra McCoy como Limpadora
- David Knijnenburg como Viaxeiro da illa
Galardóns e nomeamentos
editar- 2002: 2 nomeamentos ós Premios Razzie, incluíndo peor actor secundario (Prince Jr.).
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)