Schalk Burger
Schalk Burger, nado en Porto Elizabeth o 13 de abril de 1983, é un xogador surafricano de rugby. Xoga na posición de flanqueador na 3ª liña dos Stormers do Super 14, no Western Province da Currie Cup e na selección de rugby de Suráfrica. Foi premiado como mellor xogador internacional do mundo no ano 2004 pola IRB, e no ano 2007 gañou a Copa do Mundo de Rugby.
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 13 de abril de 1983 ![]() Porto Elizabeth, Suráfrica ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Paarl Gimnasium (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 193 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 114 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de rugby ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2003 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | rugby a 15 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Number 8 (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarO seu pai chámase como el, e tamén foi xogador de rugby internacional con Suráfrica. Schalk Burger debutou cos Springboks no mundial do 2003, e dende ese mundial non deixou de ser considerado un dos mellores flankers do mundo. Xogador durísimo que sempre chama a atención sobre o campo, ten sido acusado de ser violento de máis cando fai as súas placaxes, pero tamén adoita rematar os partidos botando sangue. Xogando con Western Province e os Stormers nunca obtivo títulos, aínda que na tempada 2010, cos reforzos de Bryan Habana e Jaque Fourie, no Super 14 xogou por vez primeira a final, perdendo fronte ós Bulls de Pretoria. Coa selección en troques obtivo os maiores honores posibles, gañando en 2007 o mundial e no 2009 o Tri Nations.
Equipos | Tempadas | Títulos |
Western Province | 2003 - | 0 Currie Cup |
Stormers | 2004 - | 0 Super 14 |
Springboks | 2003 - | 1 Mundial (2007), 1 Tri Nations (2009) |