Santa Eulària des Riu
Santa Eulària des Riu é un concello situado na zona oriental da illa de Eivisa, no arquipélago das Illas Baleares. É o segundo concello máis poboado da illa con 34.946 habitantes (2012), por detrás da vila de Eivisa.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Baleares | ||||
Provincia histórica | provincia de Baleares | ||||
Illa | Eivisa ![]() | ||||
Capital | Santa Eulària des Riu ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 41.706 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 153,48 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo ![]() | ||||
Altitude | 52 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Carmen Ferrer (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 07840 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 07054 ![]() | ||||
Sitio web | santaeulalia.net ![]() |
Historia
editarNa época musulmá a zona chamábase Xarc. Coa conquista aragonesa modificouse a división da illa en cuartos similares á organización municipal actual. O cuarto de Santa Eulària correspondeu ao infante Pedro de Portugal, señor feudal de Guillem de Montgrí, bispo de Tarragona, o cal tiña os dereitos reais de conquista. O rei de Aragón Xaime I adquiriu os dereitos de Pedro de Portugal, pasando a chamarse «Quartó del Rei». Isto provocou algúns problemas xurídicos xa que o rei, en Eivisa, era señor feudal do bispo de Tarragona o cal, á súa vez, era vasalo do rei de Aragón.
A localidade xurdiu arredor da igrexa na cima do Puig de Missa. A igrexa actual é do século XVI así como a torre anexa desde a que se podía defender con artillaría toda a comarca.
Xeografía
editarO termo municipal comprende, ademais da parroquia de Santa Eulària des Riu, as de Sant Carles e Santa Gertrudis, e tamén a parroquia de Nostra Senyora de Jesús e el Puig d'en Valls.
O nome de Santa Eulària provén da igrexa que construíron inmediatamente despois da conquista. Ademais, ten o único río da illa, importante na época polo regadío da horta e polos muíños fariñeiros.
Demografía
editarEvolución da poboación de Santa Eulària des Riu dende o ano 1950:
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/gl/timeline/4tznsn52r7lrzobnyjwk1pyhue1sltu.png)
Poboación por entidades:
- Nostra Senyora de Jesús: 4.499 hab.
- Puig d'en Valls: 3.613 hab.
- Sant Carles de Peralta: 3.195 hab.
- Santa Eulària des Riu: 13.737 hab.
- Santa Gertrudis de Fruitera: 1.680 hab.
Política
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A repartición de escanos nas dúas últimas lexislaturas quedou deste xeito:
PSOE | PP | ExC | Total | |
---|---|---|---|---|
2011 | 6 | 14 | 1 | 21 |
2007 | 8 | 13 | 0 | 21 |
Galería de imaxes
editar-
Puig de Missa
-
El puerto
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Santa Eulària des Riu |