San Ignacio, Chile
San Ignacio é unha comuna de Chile, da provincia de Diguillín, Rexión de Ñuble. Limita polo norte con Chillán, Chillán Viejo e Pinto, polo leste coas comunas de Pinto e El Carmen, polo sur con Pemuco e polo oeste con Bulnes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Chile | ||||
Rexión | Rexión de Ñuble | ||||
Provincia | Provincia de Diguillín ![]() | ||||
Capital | San Ignacio (en) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 363,6 km² ![]() | ||||
Altitude | 132 m ![]() | ||||
Demografía
editarSegundo datos do Censo do 2002 tiña unha poboación de 16.067 habitantes, dos cales 7.958 son mulleres e 8.109 homes. Un 57,56% correspondía a poboación rural e un 42,44% a poboación urbana.
Economía
editarA actividade principal é a agrícola, con cultivos tradicionais como o trigo e a remolacha, e tamén a forestal.
Educación
editarNa comuna hai centros de ensinanza básica e media, como son as escolas María Luisa Espinoza de San Miguel, Selva Negra, Las Quilas, El Calvario, Calle Alegre, Santa Juana, Colton Variante, Los Robles, Mayulermo, Lourdes e o Liceo Politécnico C-84
Biblioteca
editarA Biblioteca Pública Municipal atópase ao norte da praza de armas da comuna, na rúa Angel Custodio Hernández Nº 554, conta con sala de lectura, préstamos a domicilios, cursos, servizo de acceso a Internet, con espazos para cativos, adultos e maiores, actividades culturais. Ten dúas Bibliotecas periféricas localizadas nas poboacións de San Miguel, a uns 5 quilómetros ao leste da cabeceira comunal, e Pueblo Seco, distante 8 quilómetros ao suroeste.
Personaxes nados en San Ignacio
editar- Víctor Jara, na localidade de Quiriquina.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Ignacio |