Samos (satélites artificiais)
Samos, acrónimo de Satellite and Missile Observation System e orixinalmente denominados como Sentry e Programa 101, foi unha familia de satélites de recoñecemento da Forza Aérea dos Estados Unidos de América lanzados a principios dos anos 1960.[1]
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/8/8e/Atlas_Agena_B_with_SAMOS_10_%28Aug._5%2C_1962%29.jpg/250px-Atlas_Agena_B_with_SAMOS_10_%28Aug._5%2C_1962%29.jpg)
Características
editarOs satélites Samos foron satélites de recoñecemento fotográfico que usaban o método de retorno da película fotográfica mediante unha cápsula que era recollida en terra. Tiveron unha alta taxa de fallas.[1]
Samos-E1
editarOs Samos-E1 foron os dous primeiros satélites Samos lanzados, ambos mediante foguetes Atlas LV3 Agena A. O primeiro, lanzado o 11 de outubro de 1960, foi destruído durante o lanzamento polo fallo da segunda etapa do foguete. O segundo, lanzado o 31 de xaneiro de 1961, chegou a órbita e foi o primeiro satélite Samos operativo. Ambos os satélites incluían a carga útil Samos F-1 para probar equipamento de espionaxe de sinais electromagnéticas.[2][3]
Samos-E2
editarSó se intentou lanzar un satélite Samos-E2, o 9 de setembro de 1961, mediante un Atlas LV3 Agena B que explotou na rampla de lanzamento.[4]
Samos-E4
editarNon se chegou a lanzar ningún satélite Samos-E4. Construíronse catro unidades, cada unha cunha cámara de 15,2 cm de distancia focal e unha lente f/5.6. A resolución das fotografías sería de 45 m, pero o programa cancelouse antes de ser lanzados.[5]
Samos-E5
editarLanzáronse tres Samos-E5, con dous chegando a órbita e outro fallando por un problema do foguete lanzador. Levaban unha cámara de 1,67 m de distancia focal e unha resolución de 1,5 m.[6]
Samos-E6
editarCincos satélies Samos-E6 chegaron a órbita a bordo de foguetes Atlas LV3 Agena B. Foron os últimos membros da familia Samos e levaban unha cámara de 0,7 m de distancia focal cunha resolución de 2,4 m. Dos cinco, só un conseguiu devolver a película fotográfica a terra con éxito. Outros catro Samos-E6 foron construídos pero non lanzados.[7]
Historial de lanzamentos
editarMisión[1][2][3][4][5][6][7] | Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7] | Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7] | Notas[1][2][3][4][5][6][7] |
---|---|---|---|
Samos 1 | 11 de outubro de 1960 | Atlas LV3 Agena A | Fallo |
Samos 2 | 31 de xaneiro de 1961 | Atlas LV3 Agena A | Éxito |
Samos 3 | 9 de setembro de 1961 | Atlas LV3 Agena B | Fallo |
Samos 4 | 22 de novembro de 1961 | Atlas LV3 Agena B | Fallo |
Samos 5 | 22 de decembro de 1961 | Atlas LV3 Agena B | Éxito |
Samos 6 | 7 de marzo de 1961 | Atlas LV3 Agena B | Éxito |
Samos 7 | 26 de abril de 1962 | Atlas LV3 Agena B | Éxito |
Samos 8 | 17 de xuño de 1962 | Atlas LV3 Agena B | Éxito |
Samos 9 | 18 de xullo de 1962 | Atlas LV3 Agena B | Éxito |
Samos 10 | 5 de agosto de 1962 | Atlas LV3 Agena B | Éxito |
Samos 11 | 11 de novembro de 1962 | Atlas LV3 Agena B | Éxito |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2021). "Samos" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Samos-E1" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Samos-F1" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Samos-E2" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Samos-E4" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Samos-E5" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2021.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Samos-E6" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2021.