Salvador Sánchez García
militar e político galego
Salvador Sánchez García, coñecido como Limiñón, nado en Betanzos cara a 1910 e finado no mesmo concello o 29 de novembro de 1971, foi un militar e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 ![]() Betanzos, España ![]() |
Morte | 29 de novembro de 1971 ![]() Betanzos, España ![]() |
Outros nomes | Limiñón ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar, político ![]() |
Traxectoria
editarEstudou na Academia Militar de Zaragoza. Afiliouse a Falange Española o 14 de novembro de 1933. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi alférez provisional e xefe da primeira Bandeira de Falange da Coruña. Ao rematar a guerra foi de xefe comarcal de Falange Española Tradicionalista y de las JONS de 1941 a 1952. Finou en Betanzos o 29 de novembro de 1971.[1] Foi deputado provincial. En 1963 foi elixido concelleiro de Betanzos polo terzo familiar.
Vida persoal
editarCasou con Ascensión Sarasá Gracia e foi pai de Manuel, María del Pilar, Ascensión, Margarita e Rosa María Sánchez Sarasá.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 30-11-1971, p. 12.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Torres Regueiro, Xesús (2018). "Un achegamento á Falange local: O libro de afiliados á Falange de Betanzos (1936-1967)". Anuario Brigantino (41): 237–279.